Presentado el corto de animación sobre la obsesión por el fracaso y el olvido: Leo

La serie está ambientada en trece ciudades, tres de ellas gallegas, y cuenta con 23 actores y un narrador. El primero de los episodios, Leo, cuenta la historia de Victor, un ventrílocuo en el ocaso de su carrera, que se encuentra obsesionado con el fracaso, el olvido y su muñeco.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:
O responsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu o director da curtametraxe “Leo”, Fernando Cortizo, e os actores Carlos Blanco e Xosé Manuel Oliveira “Pico” no Salón de Actos da Deputación Provincial, onde se presentou e proxectou este filme.
Tras a benvida do vicepresidente e a intervención dos tres convidados, proxectouse a curtametraxe “Leo”. Ao seu remate, formouse unha mesa-coloquio na que participaron o director desta peza, Fernando Cortizo, os actores, Carlos Blanco e Xosé Manuel Oliveira “Pico”, a directora de arte do proxecto, María Hernanz, e o creador dos bonecos, Manuel Rubio. O público asistente participou e amosou interese polo debate que se suscitou.
O argumento da obra de Cortizo relata os prexuízos e incluso os celos que sente o ventrílocuo Víctor logo do éxito alcanzado polo seu boneco Leo.
R.