Skip to main content

Comienzan los actos de estreno de la película gallega: Os mortos van ás presas

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recibe ao director e aos actores da película galega Os mortos van ás presas cuxa presentación mundial é o sábado en Ribadeo. O filme de Ángel de la Cruz está coproducido pola sociedade público-privada Semprecinema na que colabora CaixaGalicia, o Consorcio Audiovisual de Galicia e o Igape.

Á recepción acuden o director do filme, o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado. Así mesmo, acompañan ao director parte dos actores do filme, os galegos Ernesto Chao e María Castro, e a coñecida Neus Asensi, entre outros. Ángel de la Cruz faralle entrega ao presidente da Xunta do filme, así como do libro-guión da película e o CD musical coa banda sonora.

O sábado 17 de xaneiro, a Secretaría Xeral de Comunicación, a alcaldía de Ribadeo e a produtora do filme, Artemática, celebran, como agradecemento ao pobo de Rinlo pola súa participación no filme, a estrea mundial de Os mortos van ás presas. Nos actos que se sucederán no concello lugués ao longo de todo o día está previsto que participen representantes de SempreCinema, o director do filme, así como os actores participantes na película.

Ás 12 da mañá no auditorio municipal proxectarase o trailer do filme ao tempo que se presentará o libro-guión da película e o CD musical coa banda sonora do filme, interpretada pola Banda de Ribadeo. Xa pola tarde, ás 16,30 celebrarase un “café con jotas” no que se levará a cabo un reencontro do equipo de rodaxe cos veciños do pobo de Rinlo, escenario do filme. Para finalizar, ás 19,00 horas, o cine teatro de Ribadeo acollerá a estrea mundial de Os mortos van ás presas.

O filme estrearase o vindeiro 6 de marzo nas salas comerciais de todo o Estado,así como nos cines galegos. A película está coproducida por Semprecinema Producións, Artemática, Voz Audiovisual, Rosp Corunna, Perro Verde Filmes, Resonancia Posproducción e Cinematógrafo Films e será distribuída en España por Buena Vista Internacional Spain-Walt Disney Company Iberia.
R.