Skip to main content

El cortometraje de Dani de la Torre y Toni Veiga, Por nada, ganador del Festival de Cans

Nota de prensa remitida por Ficción Producciones:

A curtametraxe “Por nada”, dirixida por Dani de la Torre e Toni Veiga, vén de gañar o Premio á Mellor Curtametraxe no Festival de Cans. O xurado premiou por unanimidade esta peza de Ficción Producciones “por ser unha obra na que todos os elementos están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo...”. Con guión de Toni Veiga, protagonizada polos actores Miguel García e Carlos Fernández e baseada nunha idea de Manolo Dios, “Por nada” participa tamén esta semana en Madrid no prestixioso festival de curtametraxes Cortogenia 2009.

Trátase dunha historia baseada nos feitos reais descritos na reportaxe “Matar por diversión” realizada polo xornalista Diego Bagnera para XL SEMANAL, unha crónica do tedio que goberna a vida de moitos adolescentes e que os empurra a unha espiral de violencia, odio e autodestrución.

“Por nada” narra de xeito trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque documentais. A cámara ao hombro, o plano afastado e imperfecto, e unha áxil sintaxe transmiten unha idea de neutralidade e convirten “Por nada” nunha xanela indiscreta a unha das fatalidades cotiás da nosa sociedade.

Alén, o xoves 28 de Maio proxéctase “Por nada” no Cine Capitol de Madrid, no seo do Festival Cortogenia 09, un dos escaparates de referencia no mundo da curtametraxe a nivel internacional
R.