Skip to main content

La XXXI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo rinde homenaje al actor Eduardo Fajardo y al club Emevé de voleibol

La XXXI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que ha sido presentada a los medios, acogerá medio centenar de películas que se exhibirán, en los formatos de corto, medio y largometraje, desde el 20 al 26 de septiembre. Se trata de un evento que organiza el grupo fotocinematográfico Fonmiñá, en el que se rendirá homenaje al actor gallego Eduardo Fajardo y al club deportivo Emevé de voleibol, que este año perdió a 3 jugadoras del equipo juvenil en un trágico accidente de tráfico.

Con un presupuesto de 115.000 euros, la Semana aparece divida en diferentes secciones, en las que se proyectarán las mejores películas del año, además de ciclos dedicados a la «igualdad», el cine italiano, cine gallego, Xacobeo e infantil.

El director de la semana, Manuel Curiel destacó el filme «La vida sin Grace», película con la que se tributará un homenaje a las víctimas del club Emevé, cuando a principios de mayo perdieron la vida tras un accidente de tráfico que se produjo en una rotonda próxima al aeropuerto santiagués de Lavacolla. Curiel también avanzó que el otro homenajeado, Eduardo Fajardo, nacido en Mosteiro (Pontevedra), estará en Lugo durante toda la Semana, en la que participará con un monólogo.

El director de la semana resaltó la «gran calidad» del certamen en el que serán exhibidas películas «tan laureadas» como «La clase» ganadora de la Palma de Oro de Cannes, «Capitán Abu Raed» o «Vals con Bashir», entre otros títulos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Delegación Territorial de la Xunta de Galicia en Lugo:

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, asegurou que a XXXI Semana de Cine de Autor mergullará a cidade de Lugo “nunha inundación artística” da que poderán disfrutar os afeccionados á denominada sétima arte. A máxima representante da Administración autonómica na provincia fixo estas declaracións durante a presentación da citada mostra, que se celebrará na capital provincial do día 20 ao 26 de setembro baixo a organización do grupo cinematográfico Fonmiñá.

Arias subliñou precisamente que un dos obxectivos que pretende a curto prazo é o de facilitar “a inclusión das instalacións da Delegación Territorial para a realización das actividades desta exposición cinematográfica” nas próximas edicións. A delegada da Xunta asegurou que “no renacer do acercamento ao cine teñen moito que ver acontecentos como este”.

A representante da Administración autonómica en Lugo fixo fincapé en que o “influxo artístico” que arrastra esta exposición ven derivado da variada oferta temática tocada durante a súa historia e, neste mesmo sentido, considerou que esta proposta “a pesar das tres décadas transcurridas desde os seus inicios, segue a ser nova”.

Na presente edición da Semana de Cine de Autor, na que colabora a Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Medio, a Secretaría Xeral de Igualdade e do Programa Xacobeo 2010- serán exhibidas medio cento de cintas, en formatos de curta, media e longametraxe. No marco da mostra, o colectivo Fonmiñá homenaxeará ao clube de voleibol Emevé e as tres xogadoras do seu equipo xuvenil falecidas nun accidente de tráfico. Así mesmo, será recoñecida tamén a traxectoria artística do actor galego Alfonso Fajardo, que estará presente na Semana de Cine de Autor.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo:

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou a programación da XXXI Semana Internacional de Cine de Autor, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. No acto de presentación, celebrado no Pazo de San Marcos e que estivo precedido dunha representación a cargo do grupo Achádego, acompañaron ao vicepresidente, Antón Bao, membros do grupo Fonmiñá como Xulio Xiz e Manuel Curiel, a delegada da Xunta de Galiza en Lugo, Raquel Arias, o vicerreitor da USC en Lugo, Carlos Herrero, o delegado da Fundación CaixaGalicia en Lugo, Sinesio Pérez, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo, Alberte González.

O nacionalista Antón Bao quixo encomiar nas súas palabras o esforzo do Grupo Fonmiñá por manter logo de 31 edicións esta mostra de cinema de autor enraizada xa na sociedade e no mundo cultural lucense. O vicepresidente da Deputación lembrou que “grazas ao intenso traballo deste grupo, cada setembro eríxese como unha cita imprescindíbel para os cinéfilos que queren mergullarse de cheo no mundo do cinema e tamén homenaxear aos lucenses vencellados ao sétima arte”. Por este motivo, a través da Área de Cultura da Deputación decidiuse dar todo o apoio necesario para que a XXXI Semana de Cine de Autor fose unha mostra de calidade que puidese chegar a todas e todos os lucenses. Antón Bao destacou que, por primeira vez e grazas ao apoio da Deputación, algúns dos filmes da programación serán proxectados logo da semana de cine noutros concellos e localidades da provincia, espallando a cultura cinematográfica alén da propia cidade de Lugo.

Pola súa banda, Manuel Curiel, director do comité organizador da mostra de cine, explicou pormenorizadamente os contidos da programación da semana de cine, conformada por diferentes ciclos. Así, paralelamente á sección oficial, onde poderán verse películas gañadoras de premios internacionais tan prestixiosos como a Palma de Ouro de Cannes ou o Oso de Berlín, desenvolverase un ciclo de cinema infantil. O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá, pola súa banda, un ciclo especial dedicado ao cinema galego. Outros dous ciclos con contido específico son os de “igualdade”, de marcado carácter social, e ciclo “o mellor do ano”, un repaso aos mellores filmes da tempada.

Por outra parte, a figura representativa do cinema que se homenaxea nesta ocasión, con mostras das súas películas e unha exposición que se poderá ver na sala de exposicións da Deputación de Lugo, é a de Eduardo Fajardo, alcumado “o vilán do cinema español”. Este actor, galego nado en Mosteiro (Pontevedra), posúe unha longa filmatografía ao seu lombo que o fai merecente da máis sentida homenaxe que se lle dispensará durante a súa estadía en Lugo durante o transcurso da XXXI Semana de Cine de Autor.
R.