Skip to main content

El actor Luis Tosar, embajador honorífico del Casco Vello de Vigo

El actor gallego Luis Tosar será nombrado por el pleno de la corporación municipal de Vigo "embajador honorífico" del Casco Vello de la ciudad olívica, informó el teniente de alcalde, Santiago Domínguez. En rueda de prensa, el número dos del gobierno local vigués destacó que esta iniciativa "complementa" otro conjunto de medidas que promueve el Ayuntamiento en su "apuesta decidida" por recuperar el casco histórico de la ciudad.

"A partir de ahora tendremos un gran representante internacional, ya que en los eventos en los que Luis Tosar participe y sea posible, llevará siempre la referencia del Casco Vello vigués", afirmó Domínguez.

Nota de prensa del Concello de Vigo:

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o actor Luis Tosar será o embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo. O nomeamento será refrendado no pleno da corporación municipal o luns 31 de maio. O nacionalista destacou que esta iniciativa complementa o conxunto de medidas que se están a desenvolver na "aposta decidida por recuperar o Casco Vello" e que ten por obxectivo a súa promoción fóra da cidade. "A partir de agora imos ter un gran representante internacional, xa que nos eventos nos que Luis Tosar participe e sexa posible vai levar sempre a referencia do Casco Vello vigués", salientou o tenente de alcalde. Tamén dixo que, sempre que a súa axenda o permita, participará nos actos promocionais que desenvolva o Concello. Explicou, por outra banda, que este título de embaixador honorífico do Casco Vello non ten ningún tipo de contrapartida económica, senón que Luis Tosar a acepta "de xeito desinteresado, o cal é de agradecer", afirmou.

O tenente de alcalde sinalou que a recuperación do Casco Vello está acadada nun 80%, pero que é preciso seguir dando pasos para conseguir que o barrio histórico de Vigo "se convirta nun polo de atracción e que a súa imaxe sexa un referente fóra da cidade". Para acadar o obxectivo de rehabilitar o Casco Vello, Santi Domínguez lembrou que se teñen acometido diversas actuacións, como a mellora das rúas, a renovación do saneamento, a mellora do alumeado, a elaboración de plans de mobilidade, de ornamentación, así como a posta en marcha de plans de dinamización. "Pero é preciso ir máis alá, e para iso necesitamos buscar algo ou alguén que poda ser un icono do Casco Vello vigués", apuntou.

"Aínda que Luis Tosar é de Cospeito, está moi vencellado á cidade con boa parte da súa vida cinematográfica", explicou o tentente de alcalde, que mencionou películas como Lena ou Os luns ao sol. Desvelou que tras unha conversa mantida co actor, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, o actor manifestou a súa enteira predisposición e que estaría "encantado" de ser a persoa que a partir do luns difundirá a imaxe do Casco Vello de Vigo por todo o mundo. Santi Domínguez adiantou que Luis Tosar viará a Vigo a recoller este nomeamento en canto a súa axenda o permita.
R.