Comienza el rodaje en Galicia del largometraje Simbad, protagonizado por Manuel Olveira
Esta obra basada en la novela de Álvaro Cunqueiro "Se o vello Sinbad volvese ás illas", se rodará las próximas tres semanas en las playas del Ayuntamiento de Corrubedo (A Coruña). La última semana de un rodaje que finalizará el 4 de junio, se realizará en espacios de Santiago de Compostela como el Seminario Menor, la residencia de ancianos, O Milladoiro o Chaián.
Nota de prensa de www.agapi.org
Localizacións como Corrubedo e Palmeira e varias zonas e edificios emblemáticos de Santiago de Compostela serán testemuñas da rodaxe de Sinbad por parte de Ficción Producciones. O título forma parte da serie Un mundo de historias creada por Antón Dobao. A é coprodutora da serie. O autor baseou a historia na novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas.
A rodaxe dará comezo o 9 de maio e rematará o 4 de xuño. As tres primeiras semanas todo o equipo de Ficción Producciones traballará en Corrubedo, nas praias deste concello, e Palmeira; no faro de Corrubedo e no porto. A derradeira semana de rodaxe localizarase en Santiago de Compostela.
Sinbad é un extraordinario fabulador, un home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias da súas viaxes pasadas, sexan do mundo real, sexan do universo da imaxinación. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo cunha filla, Sara.
Sinbad mantén con Sara unha relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar coa pequena e contarlle historias fantásticas. Acompáñaa ás veces á escola, apréndelle cousas do mar e das estrelas ou comparte con ela os seus mapas. Sara é o mellor receptor de todas as historias que narra Sinbad.
Antón Dobao é o director e guionista do proxecto, o argumento foi desenvolto por Marcos Nine e o propio Antón Dobao. Javier Maneiro e Casa de Tolos encargáronse da composición da banda sonora mentres que Toni Veiga dirixe o equipo de produción.
Os produtores executivos son Julio Casal e Mamen Quintas. A dirección de fotografía corre a cargo de Suso Bello, David Machado é o xefe de son, a dirección artística depende de Curru Garabal, Eva Camino, galardoada nos últimos premios Mestre Mateo, é a figurinista, Clara Nieto encargarase da edición, Carol Varela e Iris Bautís serán as xefas de maquillaxe e perruquería e Roberto Quinteiro encárgase do equipo eléctrico.
Neste proxecto, a fantasía cumpre un papel fundamental e por iso terá moita imposrtancia a supervisión dos efectos especiais, a cargo de de Iván Mena, e o concepto de integración, de David Rubín.
Os papeis protagonistas serán interpretados por Xosé Olveira Pico (Sinbad), Sara Casasnovas (Vanesa) e Mariña Sampedro (Sara). Os actores e actrices secundarios serán Luís Castro Zahera, Laura Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán Morris, Mariana Carballal, Camila Bossa e María Tasende.

R.