Skip to main content

El móvil se convertirá en el principal acceso a Internet en Galicia en 2014

Entre otros datos, el director territorial Norte de Telefónica España, Javier Zorrilla, expuso que el 53,3% de la población gallega que utilizó Internet en los últimos tres meses obtuvo información de páginas web de la Administración, un 28,8% descarga formularios oficiales y un 15% envía formularios.

Al acto celebrado en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela asistió la secretaria general de Modernización e Innovación Tecnológica de la Xunta, Mar Pereira, quien destacó que pese al contexto de crisis es necesario invertir en nuevas tecnologías porque ello redundará en una mejora del nivel productivo y económico de Galicia.

Por ello, destacó el esfuerzo del Gobierno gallego para dotar a Galicia de las infraestructuras de telecomunicaciones que garanticen el acceso a las nuevas tecnologías en igualdad de condiciones a toda la sociedad gallega.

En este contexto indicó que el Plan de Banda Larga de la Xunta está cumpliendo este objetivo y explicó que desde su puesta en marcha a mediados de 2010 redujo en un 41% el porcentaje de gallegos sin acceso a la Red.

La última acción del citado plan, aprobada en Consello de la Xunta este mes de septiembre, permitirá dotar de cobertura a más de 11.000 núcleos y a 250.000 ciudadanos gallegos del rural.

La secretaria general señaló que las previsiones que manejan los operadores indican que en 2014 el mayor volumen de acceso a internet provendrá de dispositivos móviles.

En el marco del Plan de Modernización de la Administración Pública, Mar Pereira se refirió a los avances en el impulso de la Administración electrónica y en el campo de la Educación destacó que con la puesta en marcha del proyecto Abalar se están «consolidando los centros de enseñanza tradicionales como centros educativos digitales».

Según datos del Instituto Nacional de Estadística, el 48,9% de los hogares gallegos ya tiene acceso a Internet, y de este porcentaje el 95,99% lo hace a través de banda ancha.

En las empresas de la comunidad autónoma esta penetración de Internet se eleva sustancialmente respecto a los hogares, ya que el 97,3% de ellas tiene acceso a la red y la práctica totalidad (el 99,4%) lo hace con banda ancha, ya sea fija o móvil.

Además, el 61,2% de las empresas gallegas tiene página web, y el 41,8% utiliza aplicaciones electrónicas para la formación de sus empleados.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, clausurou a presentación do informe Galicia Sociedade Dixital, elaborado pola Fundación Telefónica. A responsable do departamento autonómico indicou que os último datos da sociedade da información referidos a Galicia sinalan que “avanzamos pero somos conscientes de que a posición de Galicia con respecto ao resto de comunidades non é a desexada”. “Por iso, a pesar das restricións económicas, estamos convencidos de que investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia”, sinalou.

Neste sentido, destacou o esforzo que se está a realizar para dotar a Galicia das infraestruturas de telecomunicacións que garantan o acceso igualitario ás novas tecnoloxías e permita a toda a sociedade galega aproveitar os beneficios e oportunidades que derivan do seu uso. O Plan de Banda Larga da Xunta está a cumprir este obxectivo e desde a súa posta en marcha en a mediados de 2010 reduciu nun 41% a porcentaxe de galegos sen acceso á Rede.

A última acción do Plan que se realizará en colaboración con Telefónica e que foi aprobada en Consello da Xunta este mes, permitirá dotar de cobertura a máis de 11.000 núcleos e a 250.000 galegos do rural. É a quinta das seis accións previstas no Plan e como destacou a secretaria xeral o operador vai empregar pola tecnoloxía máis punteira neste momento, a tecnoloxía 3G na banda de 900 Mhz.

Así dotarase ao rural galego dunha infraestrutura preparada para os posibles aumentos de velocidade e calidade que se demanden no futuro e para os novos servizos que xa aparecen no mercado como a sinatura dixital no móbil, a teleasistencia social e sanitaria, o pagamento a través do teléfono ou servizos de seguridade.

A secretaria xeral sinalou que “as previsións que manexan os operadores indican que en 2014 o maior volume de acceso a Internet provirá de dispositivos móbiles e temos que estar preparados para estas novas necesidades e servizos”.

A importancia destas prestacións esténdese ao ámbito empresarial, para incrementar a produtividade e a competitividade das empresas. Mar Pereira afirmou que “no contexto actual as TIC son clave en calquera plan de impulso ao crecemento económico como na recente creación da Plataforma empresarial no exterior con 15 sucursais presentes en 14 países co obxectivo de incrementar o volume de negocio exterior das empresas galegas”. Un proxecto que require unhas empresas equipadas tecnolóxicamente e cuns traballadores formados no eido das TIC para conseguir o obxectivo marcado de incrementar en 2013 o volume de exportacións galegas nun 22%.

O futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio online que foron evolucionando para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Así o pon de manifesto a crecente demanda de contidos dixitais en España, segundo se recolle no último informe sobre Contidos Dixitais 2010 elaborado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. En 2009 o sector dos Contidos Dixitais experimentou un crecemento de case o 33% respecto a 2008 e rexistrou unha facturación de máis de 8.000 millóns de euros, incluso nunhas circunstancias económicas adversas.

Mar Pereira sostivo que neste escenario o Goberno galego non pode renunciar na súa aposta por integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade como establece a Axenda Dixital 2014.gal.

No marco do Plan de Modernización da Administración Pública, referiuse aos avances no impulso da Administración electrónica para ofrecer aos cidadáns unha Administración máis próxima, transparente e participativa. Destacou a recente posta en marcha da sede electrónica punto de acceso único a toda a Administración a través da rede que, de xeito progresivo, ofrecerá aos cidadáns a mesma información e os mesmos servizos que teñen á agora súa disposición en calquera das xanelas das consellerías.

No eido da Educación, destacou que, coa posta en marcha do proxecto Abalar,” estamos consolidando os centros de ensino tradicionais como centros educativos dixitais. Este curso chegaremos a 1.500 aulas, 31.500 alumnos e 340 centros educativos.”

A responsable de Modernización recordou tamén a importancia da formación en novas tecnoloxías para ter unha sociedade capacitada para facer fronte aos retos da sociedade dixital Nesta idea enmárcase o esforzo a nivel formativo que se está a realizar coa Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica que conta xa con 98 aulas repartidas en 92 concellos que formarán de xeito gratuíto en 2011 a 12.000 usuarios.
R.