Las discográficas gallegas buscan una solución colectiva al negocio electrónico a través del proyecto D2COM
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Representantes dunha decena de empresas discográficas galegas asistirán o mércores 14 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago a unha reunión informativa sobre o proxecto D2COM, que promoven conxuntamente Agedi e Promusicae co obxectivo de ofrecer unha solución colectiva de negocio electrónico destinada a potenciar a innovación nas prácticas comerciais das pemes do sector da música gravada.
A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) colaboran na celebración en Galicia desta sesión profesional, que se desenvolverá a partir das 11.00 horas. No transcurso do encontro afondarase nos detalles desta iniciativa de Agedi –sociedade autorizada polo Ministerio de Cultura para a xestión dos dereitos de propiedade intelectual dos produtores fonográficos aos que representa– e Promusicae –principal asociación española de produtores musicais–, para a que se contou co financiamento do Ministerio de Industria, Energía e Turismo a través do Plan Avanza.
Segundo se especifica na súa memoria, o proxecto materialízase mediante “a posta en marcha dun novo método para a distribución electrónica de contidos dixitais no ámbito da música, tanto de audio como de vídeo, que vén resolver as necesidades e problemas constatados nas pemes do sector”. Adicionalmente, D2COM busca simplificar os requirimentos técnicos e administrativos na xestión de negocios para a venda ou difusión deste tipo de contidos dixitais.
A través deste programa crearase un almacén dixital que albergará a música dos socios de Agedi, ao tempo que o dotará dunha serie de mecanismos para que os contidos sexan accesibles a través de tendas dixitais ou emisoras, entre outras plataformas. A través deste sistema, resolverase a loxística necesaria para facilitar aos selos independentes a venda en liña da súa música, contribuíndo neste sentido ao desenvolvemento do mercado dixital en España.
Así, as pemes participantes poderán por en marcha as súas propias tendas dixitais, ademais de aloxar neste centro de datos unha copia de seguridade dos seus contidos, gardados aquí con todas as garantías de seguridade e accesibles desde calquera lugar vía Internet.

R.