La Academia Galega do Audiovisual entrega el 28 de abril los X Premios Mestre Mateo
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a décima edición dos Premios Mestre Mateo como principal entidade patrocinadora da súa gala de entrega, que terá lugar o sábado 28 de abril no auditorio do Palexco na Coruña. Faino a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que colaboran coa Academia Galega do Audiovisual para a organización deste evento e para o seu proxecto de intercambio coa Acadèmia del Cinema Català.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, participaron na presentación da gala, que dirixirá o guionista e director Ángel de la Cruz. Interviñeron tamén neste acto Jorge Coira, vicepresidente da Academia; a actriz María Castro, quen será a encargada de presentar a gala; Mª Dolores Faraldo Botana, vicepresidenta 1ª e presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade da Deputación da Coruña; e María Liaño, produtora executiva da gala de entrega.
Anxo Lorenzo recordou a presenza de patrocinadores tanto públicos coma privados entre os apoios cos que conta a gala e referiuse a esta colaboración público-privada como “o camiño polo que nestes momentos temos que transitar de maneira clara". Así mesmo, destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa cultura galega e, en concreto, co audiovisual e confirmou a publicación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de abril da convocatoria de axudas ao sector.
Na súa intervención, Fasero incidiu no contraste que existe entre a situación económica actual e o bo momento creativo do audiovisual galego, que no último ano obtivo “unha moi boa colleita de producións que puxo o listón moi alto". O director da Agadic agradeceu á Academia o seu esforzo para sacar adiante a gala desta décima edición dos premios e "a súa compresión da conxuntura económica actual.
Na gala dos Premios Mestre Mateo 2011 entregaranse galardóns en 28 categorías, ademais do Premio de Honra Fernando Rey 2011 que este ano recae na produtora Dolores Ben. Entre os proxectos que acaparan máis candidaturas do total de 107 producións nomeadas este ano, atópanse a serie de televisión Matalobos, con 15 candidaturas; a longametraxe de ficción Doentes, con 13; a longa de animación Arrugas, con 8; a longa documental Tralas Luces, con 6; e a longametraxe para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, tamén finalista en 6 categorías.
O espectáculo, que será emitido en directo por Televisión de Galicia, repasará en formato musical e cunha ollada ácida e autocrítica as crises máis importantes dos últimos séculos, desde a Revolución Industrial do século XIX ata a actualidade. “Oliver Twist”, “Pennies from heaven”, “Se eu fora rico” ou “Acuarius” serán algún dos famosos números musicais que servirán de fío condutor do acto de entrega, para o que se contará coa participación dos bailaríns do Centro Coreográfico Galego e a dirección coreográfica da súa responsable, Mercedes Suárez. Entre as caras coñecidas do audiovisual galego que subirán ao escenario do Palexco atópanse Luis Tosar, María Mera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Beatriz Manjón, Xesús Peleteiro, Gonzo, Isabel Risco, Javier Gutiérrez, Mónica Camaño, Pedro Alonso e Isabel Blanco.
O apoio económico da Agadic coa Academia Galega do Audiovisual esténdese, así mesmo, ao proxecto de intercambio que mantén coa Acadèmia del Cinema Català no marco dos seus respectivos galardóns. A raíz desta colaboración, as curtas finalistas dos Mestre Mateo foron exhibidas xa en Barcelona, mentres que en Galicia amosaranse as obras candidatas aos Premis Gaudí do audiovisual catalán.

R.