Sucédense as reaccións ó falecemento de Avelino Pousa Antelo
De alí xorden os Cursos Agropecuarios para mestres rurais que se celebraron en Lugo desde 1948 ata 1971 (ano en que faleceu Antonio Fernández López, que era quen os financiaba).
Marchou a Orotava (Tenerife) en 1955 e alí traballou de mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular. Regresa a Galicia en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa productora de semente. En 1960 marcha a Zaragoza, onde dirixe a empresa gandeira AIVESA. Regresa a Galicia en 1970, ó grupo escolar de Pontecesures, onde exerce ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. Foi tamén secretario do Pedrón de Ouro e presidente da Fundación Castelao.
Foi colaborador de "La Voz de Barcala", órgano da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira (anos 30). Publicou centos de artigos en xornais e revistas sobre temas agrarios e cooperativos ademais doutros temas tamén políticos. Publicou os seguintes libros: Temas de Agricultura (Lugo, 1951); Cooperativa de Explotación comunitaria para unha parroquia rural (Galaxia, 1968)¸ ¿Valen ou non as cooperativas comunitarias para o campo galego? (Galaxia, 1971), Reforma das Estructuras Agrarias de Galicia (1972); A Escola Agrícola de Granxa Barreiros (Edicións do Castro, 1988); Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun galego inconformista (autor Amancio Liñares Giraut. Edicións do Castro, 1991) e Galicia, tarefa urxente (Sotelo Blanco, 1992). Foi secretario xeral e presidente do Partido Galeguista desde 1978 ata 1983.
REACCIÓNS
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia
Feijóo expresa o agradecemento a Avelino Pousa Antelo polo seu labor, pola súa obra e “por ser como foi, un galego cen por cento, dos que necesitamos nos momentos de dificultade”
Feijóo, que visitou a capela ardente do ilustre galeguista, subliñou que “Pousa Antelo, que superou a Guerra civil española, superou a posguerra, viviu a Transición e estaba disfrutando deste período democrático, mantivo a Galicia como norte permanente da súa andaina persoal, da súa andaina humana e da súa forma de ser”.
Así mesmo, aseverou que a súa coherencia e honestidade intelectual “é, sen dúbida, unha referencia que vale para calquera pobo e para calquera gobernante. Esa referencia está a disposición de todos e desa referencia podemos beber todos porque nos enriqueceremos”.
Feijóo concluíu destacando a disposición do Goberno galego para seguir recordando a este galeguista ilustre. “Quedamos a disposición da familia e da Fundación Castelao para seguir recordando como se merece a figura deste galego universal que dedicou a súa vida a ensinar aos demais, a traballar no ámbito agrario e a defender sempre a cultura galega dentro e fóra de Galicia que é como se defende a cultura dun pobo”.
“Pousa Antelo é un dos derradeiros que marcaron unha forma de entender o país, unha forma de defender o país, dentro e fóra de Galicia. É un galego dos pés á cabeza que dedicou case un século da súa vida a sortear obstáculos sen cambiar de forma de entender a súa defensa de Galicia e poñendo sempre a defensa de Galicia por riba dos distintos obstáculos que tivo a súa vida”.
Asociación de Periodistas de Santiago
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) únese ás condolencias polo pasamento no día de hoxe do intelectual galeguista e fecundo colaborador do xornalismo galego Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao e vicepresidente da Fundación Fernández Flórez, así como destacado membro das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.
Como xornalista colaborou desde os anos 30 en La Voz de Barcala e publicou centos de artigos en distintas publicacións galegas sobre temas agropecuarios -a súa especialidade- e tamén políticos, defendendo sempre a autonomía e a personalidade de Galicia. Foi un gran activista do cooperativismo agrario en Galicia e como froito das súas colaboracións na prensa recibiu os premios "Ramon Mourente" e "Luis Sanchez Harguindey" sobre temas agrarios. Vinculado estreitamente á comarca compostelá (naceu na Barcala e viviu os últimos anos ata o seu pasamento hoxe, no concello de Teo) recibirá hoxe martes unha homenaxe, á que se suma a APSC.
Queremos Galego chora a perda irreparábel de Avelino Pousa Antelo
A plataforma unitaria Queremos Galego chora a perda irreparabél dun dos seus portavoces nacionais e compañeiro incansábel, Avelino Pousa Antelo, e transmite o seu pésame aos seus familiares e achegados.
Avelino Pousa Antelo é o símbolo dun pobo que quere continuar a existir. Nas máis de 700 entidades que conforman a nosa plataforma aínda ecoan as súas vibrantes e rexas palabras encoraxándonos a non cesar na loita en defensa da nosa lingua, da nosa cultura, do noso país.
Queremos Galego anima tamén a toda a nación galega a render homenaxe aos restos mortais de Avelino Pousa Antelo hoxe martes, desde as 12.30 h até as 19 h no local sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello de Teo.
Fundación Castelao
Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao, falece na súa casa despois de 98 anos dunha vida plena e entregada a unha causa chamada Galicia. O seu cadáver será velado ao longo do día de hoxe martes 21 de agosto no Concello de Teo concello no que residía. Avelino Pousa Presidiu a Fundación Castelao ata a hora do seu pasamento dende que no ano 1989 sustituíra a Ramón Martínez López.
Durante a súa presidencia a Fundación compilou a obra escrita completa do autor do Sempre en Galiza que viu a luz nunha edición preparada pola Fundación Castelao para a Editorial Galaxia. Foi tamén durante a sua presidencia cando a Fundación Castelao co patrocinio da Fundación Caixa Galicia celebrou o 50 aniversario do pasamento de Castelao cunha magna exposición que conseguiu reunir, nun esforzo sen precedentes, a obra pictórica e gráfica do autor rianxeiro. E tamén no seu periodo de presidencia que se extendeu ao longo de 23 fecundos anos cando a Fundación completou a catalogación da obra do autor de Rianxo nun catálogo que hoxe obra en poder da Consellería de Cultura á espera dun acordo co herdeiro dos dereitos de autor de Castelao para a súa difusión universal a través da rede.
Pousa fora fundador desta institución e xunto con Dna Teresa Rodríguez Castelao, Presidenta de honra da mesma e D. Ramón Martínez López, primeiro presidente da Fundación, participou activamente na primeira grande empresa da mesma: a organización do Congreso Castelao de 1986. Congreso que contribuiu grandemente á difusión da figura dun ilustre galego cuxo nome viña de permanecer oculto durante máis de 50 anos.
Pousa Antelo nacera en San Xoán de Barcala (A Baña) o 14 de maio de 1914. Militou nas Mocidades Galeguistas, participou activamente na campaña a favor do Estatuto Galego en 1936, desenvolveu a súa vida profesional ligado á educación e ao desenvolvemento do agro, e foi especialmente recoñecido o seu labor ao fronte da Granxa-Escola de Barreiros en Sarria (Lugo).
A Fundación Castelao quere amosar o seu fondo pesar polo pasamento de quen foi alento desta casa dende o momento da súa fundación.
A Mesa pola Normalización Lingüística
A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A asociación agradece “o enorme exemplo vital de Avelino, símbolo dun país que quere continuar a existir”. Carlos Callón: “Avelino non é só un exemplo de loita do antes do 36: el foi a nosa voz fronte aos ataques contra o galego dos últimos anos. Todas e todos os que o escoitamos nas manifestacións contra a política lingüística de Núñez Feijóo temos as súas palabras gravadas a lume nos nosos corazóns”
A Mesa pola Normalización Lingüística chora a perda irreparábel do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo, un “compañeiro incansábel que nos transmitiu o testemuño de décadas de loita do pobo galego por existir e que na novena década da súa vida continuaba cunha enorme lucidez e vontade de acción fronte aos abusos do poder”. A entidade súmase ao pésame á familia e únese ao chamamento para que todo o pobo galego homenaxee a Avelino, cuxos restos mortais estarán hoxe desde as 12.30 h até as 19 h no local sociocultural da Ramallosa, en Teo.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, enfatiza que “Avelino non é só o testemuño dun pasado, alguén que nos transmitise por exemplo a memoria viva de Castelao”, senón que “foi tamén a voz rexa das mobilizacións sociais a favor do galego nos últimos anos, fronte aos ataques contra a nosa cultura por parte da Xunta de Núñez Feijóo”. “Foi un home que continuou a falar moi claro, a pesar de que o censurasen ou mesmo o chegasen a difamar na hipergobernamentalizada RTVG por se pór á fronte das mobilizacións en defensa do galego. Non só foi un loitador polo Estatuto do 36, como se recorda con razón, senón que tamén deu a cara por todas e todos nós cando por exemplo os gobernos de Manuel Fraga Iribarne quixeron manipular a Daniel Castelao ou cando se realizaron as drásticas medidas contra o galego no ensino ou na administración nos últimos anos”, subliña o portavoz da Mesa, quen asegura que “todas e todos os que o escoitamos nas manifestacións contra a política lingüística de Núñez Feijóo temos as súas palabras gravadas a lume nos nosos corazóns”.
Este exemplo vital de lucidez, enorme afabilidade humana e combate cívico pola cultura e o país estará sempre na memoria e na acción da Mesa pola Normalización Lingüística, asociación á que honrou aceptando a proposta unánime da súa asemblea de convertelo en presidente de Honra da mesma.

R.