Skip to main content

Se suceden las reacciones de los partidos políticos ante la convocatoria de elecciones elecciones autonómicas el 21 de octubre

Esta fecha es, según Feijóo, "tendo en conta todos os factores económicos, sociais e políticos, a que brinda a maior estabilidade para Galicia autónomamente e como parte do estado".

Estas consideraciones se basan, siempre según las declaraciones del presidente de la Xunta de Galicia, en tres razones: En primer lugar, "para brindar la necesaria planificación económica que esixe un momento como este", en referencia a la situación de "extraordinaria dificultade económica" que atravesamos.

En segundo lugar, "por respecto ós cidadáns", que piden siempre y más en un momento como éste "unidade política". "Debemos favorecer un maior entendemento entre as forzas políticas galegas".

Y por último, y quizás como punto más decisivo, "nun momento como o que está a España das autonomías, é obriga das propias comunidades autónomas favorecer a estabilidade política, e levar as eleccións a marzo do ano 13 suporía, ademáis dun gasto adicional, un período electoral excesivamente prolongado ó separar en catro meses dúas convocatorias electorais, a convocatoria electoral vasca e a convocatoria electoral galega".

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
REACCIÓN DEL PSdeG: PACHI VÁZQUEZ: "HOXE É O DÍA NO QUE SE ABREN AS PORTAS DO CAMBIO E NO QUE RENACE A ESPERANZA DUNHA GALICIA DISTINTA"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que coa convocatoria de eleccións autonómicas para o próximo 21 de outubro “hoxe é o día no que se abren as portas do cambio en Galicia”. Así o dixo logo dunha xuntanza coa Permanente da Executiva socialista na que foi acordado convocar para o próximo sábado ao Comité Nacional que designará ao candidato socialista.

Pachi Vázquez ratificou hoxe a súa candidatura para encabezar o cartel electoral dos socialistas galegos nun momento no que, dixo, “renace a esperanza dunha Galicia distinta”. Dixo que “Galicia está preparada para o cambio” da man dos socialistas galegos, xa que “o PSdeG-PSOE ten o proxecto que necesita Galicia para poder resolver os seus problemas e cambiar a senda do sufrimento pola do crecemento”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que, logo de tres anos de goberno do PP, a convocatoria electoral abre a porta a “unha Galicia que se preocupe dos xóvenes, das mulleres, dos maiores, das familias, da sanidade e da educación”. Chamou a “saír xuntos da crise, sen que o custe recaia sobre a clase media” e cambiar “os sacrificios para os máis débiles polos sacrificios para os que mais teñen”.

Engadiu que “comeza un novo tempo para restituír os dereitos sociais conculcados, na sanidade, na educación e na dependencia; nunca máis escolas sen mestres nin hospitais sen médicos”. Dixo que se albisca “un horizonte que nos permita cambiar o paro pola creación de emprego, a recesión polo crecemento” e ter “unha Galicia que se preocupe polos sectores produtivos máis afectados”.

Pachi Vázquez subliñou que “estamos diante dunha gran oportunidade para Galicia, a oportunidade de gobernar doutra forma, apostando polo crecemento, polo emprego, polo fortalecemento da industria, da pesca, da agricultura, do comercio e dos servizos públicos básicos: a sanidade e a educación”.

Engadiu que mentres os socialistas galegos presentan “un proxecto de cambio para todos os galegos e galegas”, o adianto electoral evidencia que o PP “desenténdese dos problemas de Galicia, que os socialistas estamos dispostos a asumir para darlle unha solución dende unha perspectiva máis social, máis responsable e máis comprometida”.

O líder dos socialistas galegos reiterou hoxe o seu “compromiso para asumir a candidatura do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta” con “forza, gañas e decisión”. Explicou que a designación de candidato “celebrarase seguindo as normas estatutarias que permiten acurtar os prazos pra a dita designación”, convocando o Comité Nacional que resolva a candidatura socialista o próximo sábado.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
REACCIÓN DEL BNG: JORQUERA AFIRMA QUE O ADIANTO ELECTORAL DE FEIJOO “VENLLE DITADO POR RAJOY” E PRESENTA AO BNG COMO “A ALTERNATIVA QUE GALIZA PRECISA”

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, afirma que o adianto das eleccións galegas anunciado hoxe por Feijoo para o 21 de outubro “venlle ditado por Rajoy”. Jorquera congratúlase deste adianto porque “estamos ante un goberno esgotado e o BNG está preparado para liderar o cambio que Galiza precisa”.

Tras coñecer o anuncio, Francisco Jorquera advertiu esta mañá en rolda de prensa de que “as eleccións autonómicas en Galiza non as convoca o señor Feijoo, convócaas o señor Patxi López e o señor Mariano Rajoy”.

Neste sentido, lembrou que “Feijoo manifestou a súa vontade en varias ocasións de esgotar a lexislatura; é máis, tiña dado claros pasos nese sentido, como intentar reformar a lei eleitoral antes de esgotar a lexislatura, impulsar a comisión de investigación das caixas, ou como habilitar o mes de agosto a efectos parlamentares”.

Polo tanto, o candidato do BNG á presidencia da Xunta concluíu que “a convocatoria de eleccións anticipadas ao señor Feijoo venlle ditada e é un novo exemplo da súa submisión aos ditados do Goberno Central”. Así, lamentou que “o señor Feijoo dende que Mariano Rajoy accedeu á presidencia do Goberno Central, compórtase como o delegado do Goberno Central en Galiza”.

“E o seu último acto -a convocatoria de eleccións anticipadas- é o propio dun delegado do Goberno Central en Galiza, un novo exemplo da súa submisión a Rajoy”.

Ademais, Francisco Jorquera salientou que “é evidente que ao PP a nivel de Estado interésalle adiantar as eleccións autonómicas para despexar canto antes o calendario das eleccións vindeiras e así poder seguir aplicando a nivel de Estado unha política de recortes duros”.

Polo tanto, advertiu de que “non estamos ante un adianto técnico, estamos ante un adianto político porque as circunstancias en Galiza e Euskadi son totalmente diferentes”.

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, tamén puxo de manifesto que “o anuncio de adianto é unha nova constatación da incapacidade manifesta do goberno do señor Feijoo para facer fronte á situación que está padecendo Galiza”.

Neste sentido, asegurou que “o señor Feijoo e o seu goberno representan un goberno cun proxecto totalmente esgotado e o peor goberno que Galiza tivo na súa historia”.

Francisco Jorquera afirmou que “od BNG congratúlase de que se adianten as eleccións porque Galiza precisa un cambio de políticas, precisamos de políticas que planten cara aos recortes, que aposten por outro modelo, que aposten por unha saída social á crise e que defendan a democracia e o autogoberno fronte á recentralización do Estado que estamos vivindo e á degradación da democracia polo feito de que as políticas veñan impostas polos grandes poderes económicas”.

Ante esta situación, Jorquera salientou que “o BNG está totalmente preparado para facer posíbel ese cambio de políticas, porque somos o referente da Galiza que se move, da Galiza que reclama outra orientación nas políticas públicas, somos o referente da sociedade que reclama políticas alternativas para saír da crise”.

“Por iso -concluíu-, estamos totalmente comprometidos en transformar o descontento social que están provocando as políticas do PP nesta alternativa de cambio que o BNG representa”.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

REACCIÓN DE UPyD: CARLOS OLIVDA, COORDINADOR DE UPyD EN GALICIA, CONSIDERA QUE FEIJÓO DEMUESTRA CON EL ADELANTO ELECTRORAL QUE LE PREOCUPAN MÁS LOS VOTOS QUE LOS CIUDADANOS

El coordinador territorial de UPyD ve en la actitud de Feijóo una demostración de su incapacidad para resolver los problemas de los ciudadanos que depositaron en él su confianza. Al no cumplir su mandato Feijóo deja patente el fracaso de su política como presidente gallego, tirando la toalla ante la imposibilidad de resolver los problemas de la sociedad gallega.

El coordinador de UPyD en Galicia muestra su total desacuerdo con las justificaciones aducidas por Feijóo para llevar a cabo este adelanto electoral. Cree que resultan inconsistentes, y considera que uno de los principales motivos del anticipo de las elecciones gallegas ha sido querer evitar que el más que probable fracaso electoral del PP en País Vasco influya en el número de votos que obtendría el PP en Galicia.

Carlos Oliva cree que con esta medida Feijóo intenta retrasar importantes decisiones como la investigación parlamentaria de las Cajas Gallegas y la reforma de la ley electoral en Galicia.

El coordinador de UPyD en Galicia cree que a pesar de la injusta barrera del 5%, UPyD conseguirá el próximo 21 de octubre los votos suficientes para entrar en el Parlamento de Galicia. Quiere recordar que UPyD fue, en las anteriores elecciones gallegas, la cuarta fuerza más votada en nuestra Comunidad y que en la actualidad UPyD es aire fresco en un panorama político gallego cada vez menos transparente y enquistado. Asegura que cuando UPyD llegue al Parlamento Gallego todos los ciudadanos gallegos pueden confiar en que recordaremos al actual presidente de la Xunta y a la oposición, que formó gobierno en la anterior legislatura, todas aquellas promesas incumplidas y trabajaremos por la transparencia del Parlamento Gallego.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INTERVENCIÓN COMPLETA DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, TRAS A REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO CONSELLO DA XUNTA CON DATA 27 DE AGOSTO DE 2012

Moitísimas grazas a todos e grazas pola súa asistencia.

Comparezo hoxe ante os medios de comunicación para transmitir ás galegas e aos galegos que esta mesma mañá tense celebrado un Consello extraordinario da Xunta de Galicia no que, conforme ao reflectido na Lei que desenvolve o Estatuto de Autonomía, teño exercido a competencia exclusiva da presidencia do Goberno para convocar as próximas eleccións autonómicas.

Dende que o pasado 1 de marzo de 2009 os galegos me outorgaron a honra de presidir o noso país, teño tentado exercer as miñas obrigas coa responsabilidade. Coa responsabilidade que esixe o cargo que asumín, a responsabilidade que esixen os cidadáns e a responsabilidade que esixe un momento como o que estamos a vivir, un momento de extraordinaria gravidade económica para España.

Dende esa mesma responsabilidade teño tomado a decisión de que as próximas Eleccións Autonómicas galegas se celebren o próximo 21 de outubro deste ano 2012.

Creo que é unha decisión coherente co meu compromiso coas galegas e os galegos, co meu compromiso con Galicia e tamén co meu compromiso co Estado das Autonomías; porque esta data, tendo en conta todos os factores económicos, sociais e políticos, é a que brinda a maior estabilidade para Galicia. Para Galicia autonomamente, e para Galicia como parte do Estado.

Así o considero por tres razóns:

En primeiro lugar, para blindar a necesaria planificación económica que esixe un momento como este, reitero, de extraordinaria dificultade económica. Creo que é preciso que o Goberno que elabore os presupostos do ano 2013 poida desenvolver as contas desde o inicio do seu mandato e non teña que convocar eleccións poucos días despois de aprobar as referidas contas, deixando así, suxeito a toda incerteza electoral, todas as contas de Galicia para o ano 2013.

En segundo lugar, por respecto aos cidadáns, que nos piden sempre, e máis nun momento económico como este, unidade política. Debemos favorecer un maior entendemento nas forzas políticas galegas.

E, en terceiro lugar, e confeso que isto decantou definitivamente a miña decisión, porque nun momento como no que está España, a España das Autonomías, é obriga tamén das propias Comunidades Autónomas favorecer a estabilidade política e levar as eleccións a marzo do ano 13 suporía, ademais dun gasto adicional, un período electoral excesivamente prolongado ao separar en catro meses dúas convocatorias electorais: a convocatoria electoral vasca e a convocatoria electoral galega.

Respecto á primeira das razóns expostas, Galicia ten ante si, novamente, o reto de volver a facer unhas contas públicas do ano 2013 que nos permitan manternos como a Comunidade Autónoma con menor déficit e a como a Comunidade Autónoma máis solvente de España. Creo que é importante, de cara a manter a estabilidade da Comunidade, que o Goberno que os vai a desenvolver sexa tamén o Goberno que os inicie. Así mesmo, precisamos do traballo e das aportacións de todos os partidos políticos para facer as contas do ano 2013.

Respecto a isto -a necesaria colaboración de todos e a unidade política- vén a segunda das razóns expostas. Os últimos acontecementos deixan ver con claridade que, na actual situación política en Galicia, xa soamente hai interese para alimentar e facer crecer a disputa partidista en lugar de contribuír a que poidan decrecer os problemas do país.

A isto, hai que sumar que, por mor da negativa da oposición a que se reduciran –conforme ao Estatuto de Autonomía- os custes que supón o Parlamento Autonómico en impostos dos cidadáns, teñen anunciado que esta actitude improdutiva e de desunión iría en aumento.

E respecto da terceira razón. A terceira razón enunciada, como teño dito, decantou definitivamente a miña decisión. Creo que responde a unha cuestión de coherencia política e de responsabilidade con Galicia.

O pasado ano 2011 todos os españois foron convocados dúas veces ás urnas. Dúas veces ás urnas por motivo das Eleccións Municipais e das Eleccións Xerais, nun período de apenas seis meses.

Eu entón defendín e insistín en que non era bo nin para Galicia nin para España ese período de inestabilidade electoral e de permanente competencia partidista. Sostiña que debían xuntarse nunha soa cita ambas eleccións, máis aló do importante aforro económico de fondos públicos que se podía acadar.

Desde que os galegos me elixiron para ser Presidente propúxenme, xunto co Goberno de Galicia, que Galicia fóra a primeira Comunidade en combater con determinación a crise económica.


Durante todo este tempo Galicia foise adiantando en decisións que, de ser tomadas no mesmo momento desde todas as administracións, tiveran situado a España nunha situación económica ben diferente á que estamos.

Ao longo desta lexislatura, Galicia ten sido a Comunidade que máis e mellor controlou, e continuamente, o déficit público que hoxe condiciona o futuro de toda a nación, e é hoxe a Comunidade Autónoma de toda España máis estable economicamente, co déficit público máis baixo e con maior solvencia de unha facenda autonómica; facendo todo isto compatible con ter ido incrementando prazas públicas dos servizos sociais, contidos na Educación pública, e a construción de novos hospitais e centros de saúde.

Galicia ten sido parte da solución dos problemas do Estado das Autonomías e négome a que a nosa Comunidade poida provocar unha maior inestabilidade que tería nas galegas e nos galegos -aos que me debo- aos cidadáns máis prexudicados.

Desde Galicia acertamos tomando decisións que ao tempo non se tomaban en España; e dende Galicia non imos repetir agora o erro que supuxo para España non xuntar as Eleccións Municipais e Xerais nunha mesma convocatoria o pasado ano.

Tendo en conta a data das eleccións vascas, anunciada fai uns días polo Goberno vasco -a data de que no próximo mes de outubro se van a celebrar as eleccións en Euskadi- de convocar en Galicia as eleccións en marzo do ano que vén, volveriamos a situar ao Estado das Autonomías -durante case medio ano- nun período político condicionado por dúas convocatorias electorais, por gastos adicionais ademais que suporía facelas por separado.

Desde o inicio desta lexislatura, Galicia vén tomando decisións responsables e ao término da lexislatura, facer coincidir –como xa ocorreu no ano 2009- as eleccións galegas coas eleccións vascas para o próximo 21 de outubro é a decisión máis responsable. É a decisión máis responsable que se pode tomar de Galicia para Galicia, e é a decisión máis responsable que se pode tomar de Galicia para o conxunto da España das Autonomías.

Desde Galicia para España porque o próximo 21 de outubro, Galicia, que acudirá ás urnas como a Comunidade máis estable e máis solvente da nación, volverá mandar unha mensaxe de que é leal, e de que é responsable e pensa no interese común do Estado das Autonomías.

E desde Galicia para Galicia para que, a partir do próximo 21 de outubro, todos os partidos desta terra, abandonemos unha división que non conduce a nada e escoitemos nas urnas o que queren as galegas e os galegos. E, na miña opinión, o que queren as galegas e os galegos neste momento, é que traballemos unidos por eles, é dicir, por Galicia.

Moitas grazas
R.