Skip to main content

Más de 3.000 personas apoyan con sus firmas la campaña organizada para que Twitter tenga una versión en gallego

La web Change.org ha informado de que hace dos meses un ciudadano gallego, Ian Vázquez, inició una petición en esta página para reclamar precisamente que Twitter se tradujese al gallego. Hasta el momento, más de 3.000 personas han firmado en apoyo. En la petición, su autor señala que el 6 de julio el catalán y el vasco se incorporaron como lenguas disponibles en Twitter y defiende que "es el momento de lograr que el gallego también alcance este hito".

La Xunta ha manifestado su "gran satisfacción" por la apertura de esta red social a la traducción al gallego, una propuesta a la que el Gobierno autonómico se había sumado. Tras la petición en Change.org, indica, el propio Twitter acaba de comunicar "su autorización".

La viabilidad de la traducción al gallego "es muestra de la vitalidad de la lengua en el ciberespacio y de su adaptación a la sociedad de la información y de la comunicación", puesto que el gallego es el vigésimo segundo idioma más empleado en la red social, según la Xunta.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia comparte coa colectividade cibernauta que apoiou a iniciativa Twitter en galego, XA! -promovida por Ian Vázquez- a súa gran satisfacción pola apertura da coñecida rede social Twitter á tradución ao galego.

No marco da campaña “Redes sociais en galego”, presentada no mes de xullo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, promoviuse que desde a Presidencia da Administración autonómica e desde diferentes entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia se lle remitisen cartas a Twitter solicitando a galeguización da ferramenta de comunicación social.

O Goberno galego sumouse deste xeito aos colectivos, cidadanía e redes sociais que reivindicaron a posibilidade de poderen traducir o Twitter ao galego. Logo desta petición, que recompilou máis de 3.000 sinaturas no web www.change.org/es/peticiones/twitter-en-galego-xa, o propio Twitter vén de comunicar a súa autorización.

A viabilidade da tradución do Twitter ao galego é mostra da vitalidade da lingua no ciberespazo e da súa adaptación á sociedade da información e da comunicación, xa que o galego é actualmente o vixésimo segundo idioma máis empregado en Twitter e está na primeira posición entre as linguas non estatais de maior uso.

Este logro supón para a lingua propia de Galicia un impulso á súa presenza nas redes sociais, nomeadamente na de maior uso, e o aumento da súa visibilidade en Internet, así como un factor de prestixio que redundará no incremento do seu uso. Deste xeito, a eficacia da introdución do galego no ámbito das TIC “vai ser a clave do futuro da lingua galega, porque do éxito neste sector vai depender a imaxe que os galegos e os non galegos teñan desta lingua; e da imaxe da lingua depende o uso”, tal e como recoñece o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).

Entre as iniciativas que ten en marcha o Goberno galego para apoiar as redes sociais na nosa lingua, desde a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal estase a impulsar a construción dunha comunidade con identidade propia na era dixital, co obxectivo de proxectar a lingua e a cultura galegas tanto dentro como fóra de Galicia e de poñer en valor a súa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social en Internet.
Proba diso é, entre outras medidas, o apoio á Asociación puntoGal para acadar un dominio de noso baixo o que se poderán rexistrar as entidades, empresas ou persoas que se expresen en galego e que contribúan ao fomento da lingua e da cultura propias de Galicia.
R.