Santiago de Compostela prepara para noviembre un encuentro de las industrias culturales gallegas y argentinas
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad mantivo unha reunión de traballo con representantes da Secretaría de Cultura da Nación Arxentina, na que se acadou o compromiso para realizar un encontro de industrias culturais protagonizado por Galicia e o país suramericano que servirá para establecer sinerxías noutros eidos xuntando tradición e modernidade. O evento dará a coñecer a oferta cultural arxentina a programadores e xestores culturais galegos e do resto de España e Portugal. A mostra, que collerá a testemuña do Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) celebrado en abril na cidade de Bos Aires, terá lugar na primeira quincena de novembro con sede principal na Cidade da Cultura, incluíndo ademais a realización dalgún evento concreto no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela.
A través deste certame galego sobre as industrias culturais arxentinas, Galicia configurarase como a porta de entrada dos produtos e servizos culturais e creativas do país suramericano en Europa. O encontro contará, por unha banda, cun cariz profesional onde os representantes dos sectores profesionais culturais, cámaras de comercio e clústeres culturais arxentinos intercambiarán coñecemento, experiencias e proxectos cos seus correspondentes en Galicia, España e Portugal. Por outra banda, o encontro servirá como programa de exhibición nos ámbitos culturais e creativos: audiovisual, música, artes escénicas, ou deseño.
O goberno arxentino pretende que este evento de intercambio teña continuidade en 2014, coa participación galega no mercado das industrias culturais de América do Sur (MICSUR), que se vai celebrar en Bos Aires do 15 ao 18 de maio e para o que se abriron novas vías de diálogo.

R.