Skip to main content

La película A Esmorga, basada en el clásico de la literatura gallega de Blanco Amor, comienza a rodarse en Ourense coproducida por Galaxia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación do filme ‘A Esmorga’ que comezará a rodarse nas vindeiras semanas na cidade de Ourense. O conselleiro desexou que o proxecto cinematográfico presentado hoxe “sexa un éxito e permita a moitas máis persoas de dentro e fora de Galicia coñecer un gran clásico da literatura de nós como é a Esmorga”.

A obra de Eduardo Blanco Amor chegará á gran pantalla da man do director Ignacio Vilar e da produtora Vía Láctea Filmes. A Consellería de Cultura e Educación, a través da AGADIC, destina a este proxecto preto de 335.000 euros en concepto de axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.

Segundo Vázquez Abad, “esta produción é cinema galego, rodado en galego e localizado en Galicia, concretamente nunha gran capital cultural da nosa terra como é Ourense, unha cidade que se transformará de novo na Auria do Cibrán, o Bocas e o Milhomes.”

Para o titular de Cultura e Educación, “o cine é un traballo de moitos, unha creación cooperativa na que cada achega conta decisivamente para o resultado final”. “Neste longo e complexo proceso de creación dun produto cultural que nace coa cultura de masas, pero que debe procurar ao tempo a arte, o filme A Esmorga conta cun gran equipo de profesionais e polo tanto, estou seguro de que lograrán crear unha película á altura que a obra de Blanco-Amor merece”.

Ao acto de presentación asistiron tamén o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o director do filme, Ignacio Vilar; o director da Editorial Galaxia, coprodutora do filme, Víctor Freixanes; e representantes da Agadic, a TVG e a TVE, entre outros.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.