La Xunta apoya el estreno del largometraje gallego-cubano Lejos de la Habana
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece o domingo 4 de maio no Salón Teatro de Santiago a ‘première’ en España da longametraxe de produción galego-cubana con guión e dirección de Maikel G. Ortiz ‘Lejos de La Habana’.
O filme, inspirado en acontecementos reais, narra as vivencias de tres cubanos residentes en Galicia, onde levan unha vida moi diferente á do seu país natal. A emigración e a súa influencia nos personaxes é o tema de fondo, tratado de xeito que dá como resultado unha emotiva historia de soidade, desamor e nostalxia.
As interpretacións de Yansamill Núñez, Ricardo Becerra e Maikel G. Ortiz nos roles protagonistas súmanse ás de outros once actores e actrices cubanos e galegos, nun elenco no que participan tamén unha colombiana e un angolano.
A película fuxe de estereotipos e céntrase no individuo, no seu nivel de integración e na súa capacidade de asimilar o distanciamento das raíces afectivas e culturais a través da situación vital dos tres personaxes principais. Así, regresar ao seu país é a intención de Yolanda, cubana residente en Compostela, pero volver á illa resúltalle máis difícil que saír dela. Tamén Pablo desexa viaxar coa súa filla para que esta coñeza os seus avós cubanos. William, pola súa banda, atópase moi a gusto na capital de Galicia, pero ameazado por non asumir as súas débedas, debe decidir se volver a Cuba ou non.
Lejos de La Habana, producida por LaCocinaFilmS e financiada en parte grazas a unha campaña de micromecenado, foi premiada como Mellor Produción na 13ª Muestra Joven de ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficas).

R.