Skip to main content

Coincidiendo con el Día das Letras Galegas y el Día de Internet comienza a funcionar en internet el dominio .gal

"Es un hito histórico, izamos la bandera de Galicia en la red", ha proclamado el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, encargado de presionar la tecla para activar la web en un acto en el que también intervinieron el catedrático de la USC Xosé Antonio Gómez Segade, y el presidente de la Asociación PuntoGAL, Manuel González, quien ha dado las gracias a todos los que han contribuido a este "éxito colectivo de la sociedad gallega".

La Asociación está formada por 114 entidades de todos los sectores, incluidas las principales organizaciones culturales gallegas y docenas de asociaciones culturales de base. González ha destacado la implicación de la Xunta dirigida por Emilio Pérez Touriño y del actual Gobierno, antes de subrayar que en 7 años de trabajo se logró que más de 12.000 personas "apoyasen" esta iniciativa "integradora y democrática". Este "apoyo" -ha reivindicado- resultó "fundamental" para que la Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (Icann) aprobase la candidatura en 2013 y delegase el dominio esta primavera. Una vez logrado, González ha proclamado que, con un dominio propio, los gallegos serán "más respetados en el mundo". "Repercutirá en su autoestima". También ha explicado que generará beneficio económico para Galicia, toda vez que "una parte importante de la recaudación" por el uso de cada dominio '.gal' "quedará en Galicia en vez de emigrar al exterior". No en vano, todos los beneficios que genere su gestión se dedicarán al fomento de la presencia del gallego en la red y en las nuevas tecnologías.

Feijóo lo ha celebrado y ha agregado que será en la comunidad donde "se diseñe y aplique la política de comercialización, de márketing o de comunicación", lo que sitúa a la comunidad en una buena posición para participar en la expansión de esta industria. En cuanto a las ventajas para emprendedores, ha señalado que '.gal' facilita que se puedan valer de una marca "única y propia" para destacar su proximidad física y cultural al cliente gallego. También permite asociar productos gallegos con los "valores positivos" que ya tiene la 'Marca Galicia', al disponer de una etiqueta "útil" para mejorar su facturación en línea; y posibilita aumentar el tráfico de las páginas en gallego y, por tanto, sus ingresos publicitados. Al margen de beneficios económicos, el presidente ha incidido en que el nuevo dominio dota a la lengua y a la cultura de la comunidad "de un sello propio en la red" y se convierte en "el mejor salvoconducto para que Galicia atraviese fronteras y se haga visible en todo el mundo". Así, ha reivindicado que brinda "una oportunidad aún mejor" que los beneficios puramente económicos, en alusión a conseguir que Galicia tenga "una mayor proyección en un mundo en el que también puede y debe tener presencia, el digital".

Conforme este paso, la comunidad gallega podrá participar con voz propia en el gobierno de la Icann y sentarse en las mesas en las que se tomen decisiones relevantes para la gobernanza de internet, al tiempo que abre la puerta a una mayor presencia del gallego en la red. "'.gal' es el barco por el que la lengua y la cultura gallegas van a navegar por el ciberespacio", ha proclamado Feijóo, quien ha destacado que en un mundo en el que no caben "minifundios tecnológicos" sí resulta importante "la diferenciación". Por eso, ha considerado clave que Galicia se haya logrado "abrir paso con personalidad propia" en un mundo virtual "lleno de posibilidades". "Con el encendido de la primera página con apellido gallego, con dominio '.gal', izamos la bandera de Galicia en la red y demostramos que el pueblo gallego siempre está dispuesto a sumar cuando se trata de abrirnos y de abrirnos al futuro".

Manuel González ha presentado los plazos y requisitos que rigen el lanzamiento del '.gal', estructurado en tres fases. En la primera, bajo el lema de 'Programa Pioneros', se abrirá el plazo para solicitudes el 1 de junio, que se prolongará todo el mes. La asociación seleccionará hasta un máximo de 'nombres pioneros' basándose en criterios de "visibilidad y notoriedad". En ellos se buscará que esté representado el amplio espectro de la sociedad gallega, es decir, administraciones públicas, empresas y otro tipo de entidades. Estas direcciones de pioneros entrarán en funcionamiento en la red el 25 de julio, con motivo del Día de Galicia, y tendrán la ventaja de publicar sus webs bajo este dominio cuatro meses antes que el resto, gozando de una mayor visibilidad. Eso sí, tendrán que afrontar un precio especial (entre 400 y 3.000 euros según el tipo de solicitante) y cumplir una serie de requisitos.

La siguiente fase, bautizada como 'Abrente', se iniciará en septiembre y durará hasta noviembre, y busca proteger dominios de interés público. En él, las entidades públicas y privadas podrán ejercer su derecho preferente de solicitar su dominio. Se busca así proteger los intereses de colectivos como propietarios de marcas, administraciones y denominaciones protegidas, entre otras. Paralelamente, se activará el programa 'Carreira' para el público en general, que podrá demandar el público en general para las direcciones que no tengan derechos preferentes. En el mismo se podrá pujar por direcciones especialmente atractivas o demandadas (González ejemplificó con 'coches.gal'). En diciembre llegará la Fase Abierta, en la que todo el público podrá acceder al dominio '.gal' sin más restricciones. El precio genérico de un dominio rondará los 50 euros, aunque se ajustará a la evolución del mercado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o dominio .gal ofrece vantaxes competitivas para empresas e emprendedores, leva o nome de Galicia á rede e permite que a lingua e a cultura galegas gañen en “proxección” e en “visibilidade” no gran mapa de comunicación global que supón a internet. Así o subliñou durante o acendido da primeira páxina con dominio .gal, un acto que se celebra na véspera do Día das Letras Galegas e do Día Mundial da Internet, e que supón “un fito histórico”, por canto, dixo, o dominio “dota a nosa lingua e a nosa cultura dun selo propio na rede” e convértese “no mellor salvoconduto para que Galicia atravese fronteiras e se faga visible en todo o mundo”.

Na súa intervención, o titular da Xunta lembrou que a consecución de .gal é froito do traballo realizado nos últimos oito anos, un traballo “coral”, que contou co apoio de 114 institucións das máis diversas disciplinas e co apoio expreso de case 14.000 cidadáns; un proxecto ao que se adheriron máis dun cento de entidades, incluídas as principais institucións culturais e educativas, os centros tecnolóxicos e de investigación, ducias de pequenas asociacións culturais e profesionais, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.

Vantaxes competitivas para as empresas e os emprendedores galegos
“Ter nome propio na rede favorece a promoción da lingua e da cultura galegas, pero tamén redunda en efectos altamente proveitosos para as nosas empresas”, aseverou Feijóo, quen incidiu en que o dominio galego implica “importantes vantaxes económicas para a nosa terra”. Máis, dixo, nun momento no que, pese á crise económica, o mercado de dominios se mantén en forte crecemento (a nivel mundial a taxa de crecemento varía entre o 12 e o 20 % nos últimos exercicios).

Deste proceso de expansión deriva, precisamente, o primeiro beneficio que ofrece .gal: evita que parte do que hoxe invisten os galegos en dominios da internet marche fóra do país. Así, segundo explicou o mandatario galego, fronte á inexistencia ata agora dun rexistro arraigado na nosa terra, .gal opera en Galicia, de xeito que en Galicia quedará a maior parte do investido. Isto significa que “tributará en Galicia, pero tamén que repercutirá na nosa terra”, argumentou Feijóo, lembrando que a asociación .gal ten o compromiso explícito de que, unha vez que estea asegurada a estabilidade económica do dominio, todos os beneficios se reinvestirán na Comunidade, concretamente, na promoción do galego nas novas tecnoloxías.

Así mesmo, co .gal por vez primeira un dominio será xestionado desde Galicia, polo que desde Galicia se deseñará e se aplicará a política de comercialización, marketing, comunicación, etc., o que, segundo considerou Feijóo, lle permitirá á Comunidade estar nunha boa posición para participar na futura expansión desta industria.

En canto ás vantaxes para os emprendedores, o xefe do Executivo autonómico referiuse a que o .gal facilita que se poidan valer dunha marca “única e propia” para destacar a súa proximidade física e cultural ao cliente galego; permite asociar os produtos galegos cos valores positivos que xa ten a Marca Galicia, ao dispoñer dunha etiqueta útil para mellorar a súa facturación en liña; e posibilita aumentar o tráfico das páxinas en galego e, polo tanto, os seus ingresos publicitarios.

Maior proxección da lingua e da cultura galegas no mundo dixital
Máis alá dos beneficios puramente económicos, Feijóo indicou que o .gal brinda unha oportunidade aínda mellor: “lograr que a nosa terra teña unha maior proxección nun mundo no que tamén pode e debe ter presenza, o dixital”. Así, a comunidade galega poderá participar con voz propia no goberno da ICANN, a organización internacional que xestiona os dominios da internet, e sentarse nas mesas onde se tomen decisións relevantes para a gobernanza da internet, ao tempo que abre a porta a unha maior presenza do galego na rede.

“Co .gal os internautas tardarán menos tempo en identificar os contidos en galego”, concretou Feijóo, quen apuntou que, a nivel técnico, os contidos en galego terán mellor ránking en buscadores cando se empregue un navegador en galego; que o .gal facilitará a creación moito máis doadamente de ferramentas informáticas na lingua propia; servirá para dar cohesión á Comunidade galega na rede, ao erixirse como un importante vínculo entre as comunidades de galegos na diáspora; e contribuirá a aumentar o interese polo estudo da nosa lingua a nivel internacional, ao tempo que apuntalará o seu prestixio entre os propios falantes.

“Galicia xa era universal en moitos eidos”, mais agora “tamén é universal na rede ao poñerlle apelido a todos aqueles dominios que queiran estar no ciberespazo con esa referencia que é o noso país, que é a nosa terra, que é Galicia”, afirmou. Nesta liña asegurou que, a pesar de que o universo dixital non deixa cabida para os minifundios tecnolóxicos, si para a “diferenciación”, por iso é tan importante “que Galicia teña logrado abrise paso con personalidade propia nun mundo virtual cheo de posibilidades”, remarcou.

“Grazas ao sufixo .gal a nosa lingua e a nosa cultura contan cunha rúbrica propia que identifica os contidos xerados na rede, que lle permite gañar visibilidade e aumentar a súa proxección no gran mapa de comunicación global que supón a internet”, agregou Feijóo, subliñando que con este dominio, a lingua e a cultura galegas adquiren un “novo rostro” na rede que lle permitirá abrir novos horizontes e tecer vínculos máis fortes.

O presidente da Xunta rematou a súa intervención lembrando que, grazas ao traballo de todos, na véspera do Día das Letras Galegas, “lle damos unha nova proxección a unha lingua e a unha cultura milenarias”. “Co acendido da primeira páxina con apelido galego, con dominio .gal, izamos a bandeira de Galicia na rede e demostramos que o pobo galego sempre está disposto a sumar cando se trata de abrirnos e de abrirnos ao futuro”, concluíu.

Nota de prensa remitida por la Asociación .gal:

A Asociación puntoGAL presentou www.dominio.gal, a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para a sociedade galega. A presentación tivo lugar na véspera do Día das Letras Galegas na Cidade da Cultura de Galicia e contou coas intervencións de Manuel González, presidente da Asociación, Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta e Xosé Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago.

O novo portal explica os prazos e os criterios que rexen o lanzamento do .gal. Así, dende o 1 de xuño a Asociación aceptará candidaturas para o Programa de Pioneiros. Durante o mes de xuño recibiranse propostas e a Asociación seleccionará, baseándose en criterios de visibilidade e notoriedade, até un máximo de 90 Nomes Pioneiros.

Estas direccións de pioneiros entrarán en funcionamento na Rede o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Os pioneiros terán a vantaxe de poder publicar webs baixo o .gal catro meses antes co resto, gozando dunha maior visibilidade. Iso si, terán que afrontar un prezo especial (entre 3.000 e 400 euros segundo e o tipo de solicitante) e loxicamente, cumprir unha serie de requisitos. PuntoGAL publicará todos os detalles do Programa de Pioneiros (prezos, etc.) dentro de 15 días, o 1 de xuño, cando xa se poderá solicitar participar nesta fase.

A seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima a comunidade galega.

Paralelamente ao Abrente haberá unha Carreira para o público en xeral para as direccións que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por direccións especialmente atractivas.

E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións.

As condicións e características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indícase a fórmula para consultar e solventar dúbidas.

Os motivos para organizar o lanzamento en diferentes fases son para garantir a súa estabilidade técnica, cumprir as normas establecidas por ICANN e garantir un lanzamento ordenado e que protexa os dereitos públicos e privados.

O novo portal tamén explica que páxinas webs poderán mostrarse baixo un .gal . O rexistro será libre e os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña específicamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o establece a candidatura do .gal aprobada por ICANN.

Durante o seu discurso, Manuel González destacou as vantaxes de todo tipo (a nivel económico, de autoestima, tecnolóxico, etc.) que o .gal aportará á sociedade galega. Así, o presidente de puntoGAL salientou que o novo identificador fará máis accesíbeis as páxinas web en galego, aumentando o seu tráfico e favorecendo o comercio electrónico e o desenvolvemento de novas ferramentas na Rede para o idioma. No seu discurso de presentación o voceiro indicou que “o o .gal servirá para que os internautas atopen máis rápido e eficazmente información relacionada co galego ou coa cultura galega. Os grandes buscadores de Internet poderán ordenar e clasificar os contidos en galego dun xeito máis eficaz de como o facían ata agora”.

"Este dominio vai xerar beneficio económico para Galicia. Unha parte importante da recadación polo uso de cada dominio .gal quedará en Galicia, en vez de migrar ao exterior. Todos os beneficios que xere a súa xestión serán dedicados ao fomento da presenza do galego na rede e nas novas tecnoloxías. A utilización do .gal vai ser un elemento de visibilidade para os produtores, empresarios e comerciantes de produtos en que a identificación con Galicia supoña un plus de calidade, e facilitará a súa implantación e expansión no mercado. Os nosos viños, o peixe e marisco das nosas rías, a nosa moda, a nosa natureza, o turismo, etc. beneficiaranse co .gal” explicou González.

O presidente da Xunta argumentou "actos coma este explican porque no ceminterio dos pobos e das culturas non está Galicia". En opinión de Alberto Nuñez Feijóo o novo identificador "o puntoGAL será o mellor salvoconducto para que Galicia atravese fronteiras". O mandatario destacou, entre outros puntos, as vantaxes económicas que aportará o puntoGAL, que evitará que parte do diñeiro que os galegos invisten en rexistrar dos dominios marche do país.

Pola súa banda, Xosé Antonio Gómez Segade explicou o funcionamento do sistema de nome de dominos e destacou a importancia simbólica do identificador pois "o dominio puntoGAL é o barco polo que a lingua e a cultura galegas van navegar polo ciberespazo".

A Asociación puntoGAL está formada por 114 organizacións de todos os sectores sociais, incluídas as principais institucións culturais do país e ducias de asociacións culturais de base. Durante os seus sete anos de traballo continuado gañouse o apoio de máis de 12.000 persoas, apoio que foi fundamental para que a ICANN aprobase a candidatura en 2013 e delegase o dominio esta primavera. A todos estas persoas e institucións puntoGAL quere dar as grazas unha vez máis. O domino é voso.
R.