El gallego Nico Casal, emocionado por el Oscar al corto Stutterer del que compuso la banda sonora. Agadic colabora con los Premios Mestre Mateo 2016

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis coa Academia Galega do Audiovisual (AGA) no desenvolvemento dos Premios Mestre Mateo, cuxa décimo cuarta edición culminará o 23 de abril coa gala de entrega que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da Academia, Carlos Ares, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia contribúe á realización de diferentes accións vinculadas á convocatoria destes galardóns: os encontros Mestre Mateo, o acto de comunicación e xuntanza de finalistas, a propia cerimonia de entrega, a proxección das obras finalistas e gañadoras en distintas cidades ou a colaboración con outras entidades homólogas do resto do Estado forman parte do programa de actividades desta décimo cuarta edición.
Tal e como se recolle no documento rubricado hoxe, o obxectivo último deste apoio é impulsar a visibilidade social do labor desenvolvido polo sector audiovisual en Galicia durante 2015. Para isto, os Premios Mestre Mateo convocaron 25 categorías divididas en dúas modalidades (de produción e profesionais), para as que este ano se conta cun total de 96 obras presentadas e 518 profesionais participantes.

Ademais, a gala de entrega dos Mestre Mateo, que cada ano transmite Televisión de Galicia, vén incrementando progresivamente as súas cotas de audiencia, reflectindo deste xeito o apoio do público galego ao noso audiovisual. Nestes momentos, a xunta directiva da AGA traballa xa na cerimonia do 23 de abril, pensada como un espectáculo televisivo no que a tecnoloxía xogará un papel fundamental e para o que se contará coa colaboración de numerosos e moi coñecidos rostros tanto da pequena como da gran pantalla.
Fotografía 1: Twitter de Nico Casal (https://twitter.com/search?q=nico%20casal&src=typd&lang=es)
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.