Skip to main content

Noticias

  • O festival de contidos dixitais Carballo Interplay abriu a súa undécima edición, que se desenvolverá ata día 7 convertendo a localidade coruñesa en centro de difusión da creación dixital, con 20 webseries de 11 países na sección oficial a concurso e o Premio ao Mellor Contido Dixital en Galego como principal novidade. O festival volverá traer referentes da cultura popular dixital de dentro e fóra de Galicia, seguindo a tradición do evento polo que pasaron programas como Estirando o chicle ou iconas como O Hematocrítico.
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) inicia mañá a súa temporada de actividade 2019-2020 cun ciclo de sete películas dirixidas por Carlos Saura, organizado en colaboración co Amigos da Ópera da Coruña e en coincidencia coa presenza na cidade do cineasta pola súa participación na posta en escena do Don Giovanni de Mozart no Teatro Colón. Con este motivo, a sala da cinemateca galega ábrelle de novo as portas ao público, cos seus horarios e tarifas habituais, contribuíndo á difusión da obra do recoñecido e polifacético autor oscense, considerado por moitos discípulo de Luis Buñuel e unha das figuras máis relevantes do audiovisual español. Para iso está preparada unha variada escolma dos seus filmes que abrangue títulos rodados entre 1964 e 1999.
  • La Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia acogió la presentación/ rueda de prensa con motivo del estreno del largometraje de Atlántico Films, “El vientre de Europa” del cineasta gallego Juan Pinzás, una sugerente y personal película de cine de autor realizada a lo largo de casi dos años de trabajo y rodada en Madrid y Berlín. El estreno en cines está previsto para el 17 de noviembre.
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inaugurou hoxe a súa Mediateca, que pon á disposición do público uns fondos compostos por máis de 6.000 revistas, preto de 10.000 libros e 7.500 títulos en DVD. O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, acompañado por César Antonio Molina, presidiu a posta en marcha da nova instalación, que leva o nome do que fora director do CGAI entre 1999 e 2006, José Luis Cabo, cuxa viúva, Carmen Villagómez, tamén participou no acto.