Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • 'Cando se fala hoxe en día de atopar a túa voz, penso que se fai referencia a unha certa maneira de ollar o próximo, de ollar o mundo', sinala o cineasta Álvaro Gago, quen situou no próximo, na contorna persoal, o punto de partida das curtametraxes que desenvolven co seu asesoramento nove estudantes de Belas Artes e Comunicación Audiovisual. O director de Matria é o responsable de impartir o obradoiro 'Cine rachado e consciente na praza do teu pobo'.
  • Trátase de 'O próximo baile, será comigo', de Sabela Losada Cortizas; 'Ofuscadas polo vicio da razón', de Yarama África; 'Non calarás', da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; 'Altas luces', de Illa Bufarda; ' A historia vaxenial', de Artyc Content; 'Punto en boca. Costura e teatro', de Raquel García Crespo; 'As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada', do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e 'A clase', de Mala Herba Producións.
  • O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol da UDC acolle, o vindeiro luns 14 de outubro, a primeira das conferencias do Ciclo 'Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade', que organiza un grupo de profesores e profesoras do Departamento de Enxeñaría Industrial vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
  • A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) vén de iniciar os traballos para a elaboración do informe Diagnóstico sobre a profesión xornalística en Galicia, un proxecto de investigación que ten como obxectivo coñecer e analizar a situación actual dos profesionais da información e da comunicación que desenvolven o seu labor na nosa comunidade, así como achegar a percepción que teñen sobre o seu sector.
  • O Colexio de Fonseca acubilla ata o 16 de novembro a exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África', que recupera a memoria de 23 mulleres 'extraordinarias, emprendedoras, valientes e protagonistas en moitos casos de éxitos internacionais', explicou o profesor de Historia da Música da USC Javier Garbayo na inauguración deste venres, que estivo presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, que puxo de relevo o carácter científico do proxecto
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) continúa cos actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez, Científico Galego 2024. Esta mañá presentouse na facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago o libro 'José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime'. Nesta publicación, coeditada pola RAGC e o Consello da Cultura Galega, faise un repaso pola traxectoria profesional e vital deste persoeiro ilustre.
  • A Universidade da Coruña e a Fundación Princesa de Girona celebrarán o vindeiro luns, día 7 de outubro, a xornada 'Talento novo e impacto profesional na IA', que se enmarca dentro do programa 'Xeración Talento' e que servirá tamén para explicar en detalle esta iniciativa. O evento, que comezará ás 10:00 horas no edificio da Reirotía da UDC, contará cunha conferencia de apertura a cargo de Nacho Belda, director xeral da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), baixo o título 'AI que poñer límites?'
  • A Coruña acolle esta semana as XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, organizadas pola UDC. Durante estes días, máis de medio milleiro de persoal investigador en Paleontoloxía poderán participar nas actividades formativas, conferencias, exposicións de pósters científicos e incluso unha saída ao campo, o Xeoparque Mundial da UNESCO nas montañas do Courel.
  • A Universidade de Santiago de Compostela mantén unha liña de colaboración activa co festival de curtas Curtocircuíto que lle permite acoller nas súas instalacións diversas actividades abertas ao público en xeral e todas gratuítas, ademais de fornecer o festival de 25 estudantes voluntarios e voluntarias que terán a oportunidade de coñecer como funciona desde dentro un certame destas características e dar aloxamento nunha das súas residencias universitarias á fotógrafa Rocío Madrid.
  • Desde especialistas en historia da arte ou literatura, a expertos en manga e anime, o cómic e a animación xaponesas, pasando por académicas e académicos especializados en arquitectura, turismo ou política internacional. Un total de 72 investigadores participan en Pontevedra no XVI Congreso nacional e VII Congreso internacional da Asociación de Estudios Japoneses en España, que se desenvolve por primeira vez en Galicia da man do grupo de investigación dx5.