Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • 26 alcaldes da provincia de Lugo, pertencentes ao Partido Popular, visitarán a sede de Aspnais o próximo luns, para coñecer en detalle o funcionamento das instalacións desta Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Estarán acompañados pola Presidenta provincial do Partido, Elena Candia; polos voceiros de concellos onde o PP está na oposición, entre eles os de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde e Lugo, e polo voceiro do Grupo provincial, Antonio Ameijide, coordinador da visita, que considera de grande interese este contacto directo cunha entidade que atende a diversos usuarios procedentes dos concellos representados polos visitantes.
  • A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue de Area, en Viveiro, destacou a oferta destas 1.800 prazas para rapaces de 9 a 17 anos. Nesta visita ao centro que albega 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do Pais Vasco, dentro dos programas de intercambio, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta coa mocidade galega "cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”.
  • Seis investigadoras referentes, seis retos e seis olladas de futuro. Así é a segunda edición da serie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar no que investigadoras de diferentes ámbitos do medio mariño contan a súa visión e experiencia ante novos retos de futuro.
  • O Grupo de Investigación Románicas da Universidade de Santiago creou un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas profanas medievais. A cartografía é froito do traballo dun equipo dirixido pola catedrática de Filoloxía Románica Pilar Lorenzo Gradín, e no que participan a historiadora Mariña Bermúdez Beloso e as filólogas Carmen de Santiago e Helena Bermúdez.
  • Tras cinco edicións previas, celebradas en centros de referencia de todo o mundo, o congreso internacional Variation and Language Processing, VALP6, recala en Vigo. Organizado polo grupo Language Variation and Textual Categorisation da UVigo, este simposio reúne a especialistas de diversos campos como a psicolingüística, a sociolingüística, a ciencia cognitiva, a fonética experimental, a sintaxe e a pragmática que traballan sobre a relación entre a variación lingüística e o procesamento da linguaxe.
  • Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o segundo encontro do proxecto.
  • O proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) acaba de publicar a versión número 20 da súa base de datos textual, na que se engadiron este ano 640 novos documentos. Este proxecto está dirixido polo Catedrático de Filoloxía Latina da USC Xosé Carracedo Fraga e desenvólvese desde hai case 30 anos no marco dun convenio entre a USC e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • O CICA da Universidade da Coruña inaugurou unha exposición de pezas impresas en 3D que representan as liñas de investigación do centro. A asociación de estudantes da UDC, UDCBIGBANG, promoveu a iniciativa este ano, logrando recompilar o traballo dos grupos de investigación do centro e representalo a través de 38 pezas que quedarán expostas de forma permanente no CICA.
  • A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) a través do grupo de traballo da Sectorial de Secretarías Xerais, acolle este xoves 20 e o venres 21 as III Xornadas de delegados e delegadas de Protección de datos de Universidades Españolas.
  • Do 25 ao 27 de setembro, a Universidade de Vigo celebrará o V Congreso Internacional da Auga, que nesta ocasión leva por título 'A auga como recurso sostible: ciencia, empresa e benestar'. A iniciativa forma parte das accións do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense. Ao igual que en anteriores edicións, o principal obxectivo deste evento será ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cos recursos hídricos.