Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
  • A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
  • A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
  • O paraninfo da Reitoría acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesía, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour. O evento será de carácter gratuíto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que celebrará a súa 20ª edición do 1 ao 5 de maio na cidade de Tui, Galicia, anuncia os filmes que conformarán a competición internacional desta nova entrega do certame, así como o xurado que outorgará os premios nesta categoría. Esta edición aniversario destaca pola participación de recoñecidos e celebrados cineastas cuxas obras se caracterizaron pola permanente procura estética e o risco formal.
  • Un total de 11 propostas cinematográficas compiten na novena edición do certame cinematográfico en lingua galega Findecurta, unha iniciativa promovida pola Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, e cuxa temática convidou aos máis de 100 participantes inscritos a imaxinar o 'Último día na Terra'. Distribuídos nun total de 11 equipos, a parroquia do IX Findecurta gozou de pouco máis de 80 horas para materializar as súas propostas.
  • O mércores ás 19:30 horas terá lugar en Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, a inauguración da exposición 'HIC SUNT LEONES – Aquí están os leóns', do artista galego Pablo Barreiro. Barreiro establece un diálogo coa copia dos leóns que hai na entrada do parque do Pasatempo de Betanzos, dúas pezas que os irmáns García Naveira copiaron dos orixinais da basílica de San Pedro (Roma), feitos por Antonio Canova para o sepulcro do papa Clemente XIII (1759-1769).
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a quinta edición do 'Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos', froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. A través desta iniciativa búscase conectar ao gran público con temas de actualidade científica que teñen unha notable repercusión social e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o importante labor de investigación que se leva a cabo na nosa comunidade en diferentes eidos.
  • “A arquitectura é unha arte que impacta na vida das persoas”, afirmaba a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, na inauguración este venres da exposición 'A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras', que homenaxea á raíña María de Rumanía, Virginia Andreescu Haret, Henrietta Delavrancea, Ioana Grigorescu, Silvia Demeter-Lowe, Eliza Yokina e Ilinca Păun Constantinescu.
  • O Grupo de Investigación de Románicas da USC creou a Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa, en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O proxecto, realizado grazas aos progresos tecnolóxicos acadados nas últimas décadas no ámbito das Humanidades Dixitais, é froito do traballo dun equipo multidisciplinar liderado por Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín.