Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Vanse celebrar en Lugo as Xornadas anuais da Asociación Española de Profesores de Liturgia, que este ano se celebran no Seminario Diocesano da cidade. Do 27 ao 29 de agosto, uns 50 liturxistas de toda España se reúnen no Seminario de Lugo para celebrar as súas xornadas anuais, que este ano teñen como tema principal a exhortación apostólica Desiderio desideravi, que trata sobre a formación litúrxica.
  • A plataforma Neofalantes.gal continuará entre 2024 e 2026 o programa de actuacións para poñer en valor a lingua galega entre as persoas que comezan a falala a través deste proxecto da USC. O portal conta con seccións sobre o mundo neofalante, actualidade da lingua galega, investigacións lingüísticas, polémicas en redes relacionadas co galego ou vídeos.
  • Videoarte en Movemento (VEM) chega a Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña. A furgoneta do VEM, que viaxará por España e Portugal ofrecendo unha programación de videoarte internacional ao aire libre e de carácter gratuíto, ten parada este 31 de xullo na UDC, en Normal. VEM é unha experiencia itinerante da creación visual en ambientes de transición e de paso, exhibindo un programa composto por obras de videoartistas internacionais.
  • Celebrouse en Moaña a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola UVigo, en colaboración coa USC e o Concello moañés. O obxectivo deste evento, baixo o título 'A xeopolítica e o sector educativo', é dar 'unha visión realista e obxectiva sobre os acontecementos internacionais, xa que existe unha gran desinformación destes acontecementos que son da máxima relevancia actual'.
  • A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acolleu hoxe a inauguración dunha nova edición dos cursos da International Summer School (ISS) da UDC; un acto presidido polo reitor da UDC, Ricardo Cao, que estivo acompañado polo vicerreitor de Internacionalización e Titulacións, Moisés Canle, e os adxuntos de Política Internacional e Mobilidade e Convenios, María Bobadilla e Bruno Casal.
  • O físico Klaus von Klitzing, Premio Nobel de Física en 1985, estará en Compostela o 12 de setembro convidado polo programa ConCiencia que dirixe o catedrático da USC, Jorge Mira. Ese día, ás 19.30 horas no Salón Nobre de Fonseca, o actual director do Instituto Max Planck para a investigación en estado sólido, con sede en Stuttgart, pronunciará a conferencia ‘A revolución cuántica en metroloxía’ aberta a toda a cidadanía.
  • 'A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz' é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas.
  • Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, 'sorbió de Foz la inspiración más pura', viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
  • O DOG ven de publicar a convocatoria 2024-2025 deste programa que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado. Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral.
  • -A Xunta de Galicia expón unha escolma de fotografías de José Luis Vega que percorren a década dos anos 70 do pasado século, ofrecendo unha panorámica das xentes, o urbanismo ou a situación económica e social de Lugo naquela época. A mostra A cidade e as xentes prolongarase ata o mes de outubro e consta de dúas partes diferenciadas. A Biblioteca Pública Provincial rescata as imaxes relativas ao período 1970-1975, que hai un ano expuxera o Arquivo Histórico Provincial, mentres este acolle desde marzo as correspondentes á etapa entre 1975-1979.