Notas
-
Na pasada fin de semana tivo lugar na localidade francesa de Rodez (Aveyron) a Asemblea anual da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (AEXDT). Escollérase a capital do departamento de L’Aveyron por celebrar o centenario do clube local de Quilles de huit.
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Rodríguez, presentaron hoxe na cidade do Lérez Redecinema, no marco da que chegará o filme Vilamor a concellos pontevedreses pertencentes á RDL.
-
Unha viaxe ao mundo máxico do circo, ao balbordo das feiras de principios de século e aos invento e ilusións ópticas nunha xornada chea de espectáculos, xogos e obradoiros totalmente de balde para toda a familia. Esta é a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro 25 de agosto cando o complexo do Gaiás se converta durante todo o día nunha Cidade Imaxinaria.
-
A Secretaría Xeral de Medios salienta que a campaña Galicia competitiva é necesaria, transparente e apoia aos sectores empresarial, publicitario e de comunicación de Galicia, e di que a crise non debe deixar desprotexidos aos sectores publicitario ou mediático galegos.
-
No apartado audiovisual figuran 10 filmes de ficción e 8 documentais; en tanto que Sarabela, Chévere e Teatro do Morcego asumirán montaxes teatrais de gran formato. Tamén recibirán axuda as salas Teatro Ensalle, Andamio e Santart, 15 festivais de música e outros 8 de teatro e danza.
-
A inauguración hase celebrar o luns, 17 de setembro, e a clausura o 22 do mesmo mes, proxectándose oito ciclos de películas nun total de 42 sesións.
-
O curso aborda temas como a linguaxe incluínte, as redes sociais, a imaxe da muller nos medios escritos e audiovisuais, e a representación de estereotipos nos contos e na literatura infantil. Susana López Abella destaca a influencia da linguaxe xornalística na construción dunha sociedade sen discriminación por xénero.
-
O secretario xeral da Consellería de Cultura e Educación mantivo unha xuntanza cos membros da entidade para coñecer as iniciativas dinamizadoras que están a desenvolver nos ámbitos turístico, cultural e empresarial galegos e clausurou a mostra Crónica da monarquía española no século XX.
-
O II Foro Indcrea 2012 posiciona no debate os retos das industrias culturais no actual contexto de crise. Expertos reúnense na Illa de San Simón para participar neste evento que se transmite en streaming en San Simón TV.
-
Tralo anuncio da CRTVG da extinción dos contratos de 93 traballadores como resultado do proceso selectivo na compañía, o Colexio de Xornalistas lamenta a perda de postos de traballo e expresa a súa preocupación porque esta medida supoña a redución do cadro de persoal dos medios públicos galegos e o deterioro da calidade do seu servizo informativo.