Notas
-
O evento Galicia at Madrid de Cine celébrase no marco da VII edición de Madrid de Cine-Spanish Film Screenings e contribuirá a difundir os filmes galegos nunha das máis importantes plataformas de promoción para o cinema español, según a Xunta.
-
A Xunta promove unha cultura xornalística de compromiso co envellecemento activo que contribúa á plena integración das persoas maiores na sociedade. A guía busca que os profesionais da comunicación presten especial atención ao tratamento informativo, ás pautas de estilo e á linguaxe empregada, contribuíndo así a fomentar unha “imaxe positiva” das persoas maiores entre todos.
-
A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, e do Goberno Galego.
-
Vicente Beltrá Juan, de Elda (Alicante) é o autor do cartel anunciador da XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Así o decidiu o xurado promovido polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que tivo consideración especial hacia outros tres orixinais.
-
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o ERE que presentou o xornal Atlántico Diario, de Rías Baixas Comunicación S.A., pertencente ao Grupo La Región e que afecta a once traballadores, sete da área de redacción.
-
O convenio asinado entre o Clúster TIC e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) permitirá a ambos sectores optimizar recursos e desenvolver actividades conxuntas de ámbito formativo, comercial, científico e tecnolóxico. A colaboración afiánzase nunha xornada compartida de networking.
-
O autobús itinerante mostra de forma práctica e gratuíta as utilidades de Internet para as xestións da vida cotiá. A iniciativa forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia.
-
Así o aseguraba o presidente da Xunta ao referirse ao novo texto normativo remitido ao Parlamento según o que implica "blindar" as telecomunicacións en Galicia como "un servizo básico, igual que a luz ou a auga" debido ao peso que ten "na vida e no traballo dos cidadáns" galegos de hoxe.
-
La premiada serie "Matalobos" se presenta en la ciudad sueca de Malmö ante más de 33 cadenas de televisión pública de toda Europa, dentro de las jornadas que se desarrollan con motivo de la entrega de los premios Circom, que han galardonado a esta producción gallega como mejor serie europea del año.
-
Yolanda Sobero defendeu a veracidade, imparcialidade e o pluralismo como as prioridades da televisión pública.