Notas
-
Gciencia, Miriades e Viaxe aos recordos, tres dos catro proxectos seleccionados polo programa iProx do Colexio de Xornalistas e de Novagalicia Banco, veron onte a luz despois de catro meses de traballo. O cuarto, Galicia Soa, estará listo a finais do mes de decembro.
-
A cantautora arxentina filla de galegos Lorena Lores combina o tango e o folk na súa actuación na SGAE e os grupos de Marcelo Dellamea e de Davide Salvado comparten escenario no CGAC. MICatlántica peza os espazos Expo, Lab e Fórum na Cidade da Cultura.
-
Alumnos e bolseiros da EIS, co apoio do persoal técnico da TIC, realizarán a emisión en streaming da festa, que tamén poderá seguirse in situ a través de dúas pantallas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A colaboración inclúe a elaboración dunha reportaxe, a edición dun DVD divulgativo e a rodaxe dunha curta durante a celebración do evento.
-
A nova estratexia de crecemento dixital de Galicia ten 5 liñas de acción que perseguen consolidar a Administración electrónica e o e-Goberno, modernizar os servizos públicos e o emprendemento no sector TIC.
-
O apartado da programación titulado Panorama Galicia dedícase á promoción do audiovisual galego a través de sete títulos de recente realización. O OUFF proxecta, entre o 16 e o 24 de novembro, máis de corenta películas, dez delas en competición oficial.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o peche doutro medio de comunicación, neste caso Televigo, que se suma a outros que nos últimos anos foron desaparecendo do panorama informativo galego.
-
Sofía Casanova foi pioneira na reivindicación feminina, gardando un indubidable parentesco con figuras como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou María Casares, entre outras. A xornalista e escritora galega foi homenaxeada en Compostela.
-
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o evento do 29 de novembro ao 1 de decembro con espazos diferenciados para a música e o cine como principais novidades. Corresponsabilidades é o lema de 2013 que pretende impulsar a relación dos profesionais do sector e potenciar o consumo de bens e servizos culturais producidos en Galicia.
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe ofrece un ciclo sobre o novo cine polaco que está a vivir unha puxanza con directores como Smarzowski, Król ou Kidawa-Blónski. A sección Off Galicia presenta 6 novos filmes e o cine portugués protagoniza outras dez xornadas.
-
A porcentaxe de fogares galegos con conexión a internet en concellos de 50.000 a 100.000 habitantes supera o 80%, case 9 puntos por riba da media estatal. Galicia ocupa a segunda posición no ranking de Comunidades autónomas no acceso á Administración electrónica, según a Xunta.