Notas
-
O Goberno galego mobilizou no período 2009-2011 un total de 660 millóns euros, entre capital público e privado, nas liñas de actuación estratéxicas da Axenda 2014.gal.En dous anos a poboación con cobertura de Internet en Galicia pasou do 70% a preto do 90%.
-
Máis de 900 persoas encheron o Palexco da Coruña e desfrutaron da man da presentadora María Castro e o guión e dirección de Ángel de la Cruz. Todos os discursos pediron que non se deixe de lado o sector do audiovisual e que se faga unha política pública consensuada co sector.
-
Profesionais do xornalismo galego únense aos da Unión Europea para pedir a igualdade de condicións laborais no marco da Unión Europea, e rexeitaron as agresións e ameazas que están a sufrir no exercicio da profesión os que traballan en Grecia. Esta petición fíxose nunha reunión celebrada na cidade grega de Salónica.
-
A Asociación de Medios Publicitarios de España outorga un Premio Ampe de Prata na categoría de Diarios á campaña, que reuniu 950 cidadáns de Galicia na rodaxe do spot 1000 anos máis vivindo como galegos.
-
As axudas a producións ou coproducións de longametraxes para cine, televisión e documentais dótanse cun orzamento máximo de 2,9 millóns de euros. As dirixidas ás industrias culturais distribuirán un importe global de 1.290.000 euros para actividade escénica, crédito-cultura, salas escénicas, distribución e asociacionismo profesional.
-
Pese a crise económica, Agadic cre que hai unhas grandes expectativas de crecemento para lograr, como obxectivo máximo, duplicar as cifras que sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros.
-
Bajo el lema "Por el conocimiento más periodismo" se presentó la Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago en el transcurso de la 72 Asamblea de la Federación Española de Asociaciones de Periodistas (FAPE), en Valladolid.
-
A Xunta pon en marcha o portal http://abertos.xunta.es: un catálogo inicial de información con 250 documentos en formatos abertos e de gran valor pola súa fiabilidade e calidade que non estaban adaptados para ser empregados por terceiros. Ofrécese información administrativa, financeira e xurídica.
-
O seminario Lectura fácil nos medios forma parte das actividades recollidas no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade, Galicia 2010-2013, que pretende fomentar a construción dunha sociedade inclusiva e integradora.
-
A Facultade de Ciencias da Comunicación será sede o vindeiro mes de abril do primeiro seminario que se vai celebrar nunha universidade pública galega sobre "Lobbyng e os Public Affairs". Na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos.