Notas
-
Desafiar á gratuidade dos contidos é o reto da redefinición que deben afrontar os novos modelos de negocio das industrias culturais que, según os expertos do proxecto INDCREA deberán apostar por ofertas multicanal e multisoporte con fórmulas mixtas de pago e contidos de calidade. O evento retransmítese na web e se está a realizar un completo seguimento en Twitter.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta a decisión de Udramedios, propiedade do Grupo San José, de pechar Xornal.com, apenas un mes despois de que, o 4 de agosto, deixara de saír a cabeceira impresa do diario.
-
O cumio académico e profesional organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega celébrase do 19 ao 22 de setembro e nel deseñaranse políticas para a xeración de riqueza, valor engadido e emprego nun sector clave no desenvolvemento de Galicia.
-
Os filmes galegos Tralas luces, de Sandra Sánchez, e Arrugas, de Ignacio Ferreras, compiten na sección Zabaltegui do certame. O Consorcio organiza o domingo, 18 de setembro, unha recepción no Kursaal para a prensa especializada e os profesionais acreditados no Festival de San Sebastián.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá promove a XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo entre o 18 e o 25 de setembro. As homenaxes a Manuel Piñeiro, "O Pintor", Antonio Casal e Marta Rivera, as galas especiais Daniel Soul, Alzheimer e The Beatles, entre as novidades desta edición.
-
As proxeccións comezan ás 21.30 horas no Centro Social do Mar. FICBUEU2011 arraca coa proxección das cintas belgas Le maillot de Cristiano e Tabu.
-
Os novos profesores lectores de galego visitaron o martes día 30 a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde tiveron un encontro de traballo con persoal deste departamento. O secretario xeral, Anxo Lorenzo, recibiu se reuniron co responsable deste departamento da Xunta, Anxo Lorenzo.
-
O Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística contribuíu á realización desta ferramenta en liña que propón un modelo de pronuncia estándar para o galego.
-
A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) está a ampliar a oferta de recursos educativos dispoñibles en lingua galega para as persoas cegas e con discapacidade visual, coa colaboración da Xunta de Galicia, ao abeiro do convenio que subscribe actualmente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-
Nos 6 primeiros meses de 2011 máis de 26.000 galegos contrataron servizos de acceso a Internet grazas aos novos despregamentos de redes de telecomunicación que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través do Plan de Banda Larga 2010-2013.