Notas
-
O informe, elaborado con anterioridade á crise económica, reflicte datos como que case un 30% dos xornalistas declara que traballa máis de 8 horas, un 40% traballa máis de 22 días ao mes e o salario medio é inferior á media de licenciados.
-
Galicia ocupa la 6ª posición en el desarrollo de servicios públicos on-line por comunidades autónomas. En Galicia la media del nivel de desarrollo on-line de los 26 servicios públicos evaluados es del 77%.
-
Xa é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.
-
Trátase dunha serie de doce titoriais cos que a Secretaría, no marco da campaña Comunícate, pretende fomentar o emprego das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación e a través da rede de telecentros de Galicia.
-
O cartel presentado polo lucense José Portas García foi seleccionado como gañador polo xurado encargado de emitir o fallo do Certame de Carteis anunciadores da XXXI Semana Internacional de Cine de Autor que se celebra en Lugo no tradicional mes de setembro.
-
O secretario xeral de Medios anuncia a presentación dun Plan galego de acendido dixital con prazos “realistas” para a implantación da TDT e que busque a máxima colaboración institucional coas deputacións, concellos e o sector galego das telecomunicacións.
-
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentou en Santiago de Compostela estas dúas accións de promoción, consensuadas co sector turístico galego, para incentivar a demanda turística.
-
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, comunicou os primeiros nomeamentos do seu novo equipo, no que por primeira vez haberá dúas mulleres, Rosa Vilas Núñez e Rosa Martínez Rivada, á fronte da TVG e da RG, respectivamente.
-
Chega a 2ª Edición de Animacam.tv: Festival Internacional de Animación “Online” para creadores de debuxos animados que incorpora seccións paralelas nas que Internautas e Peregrinos crearán a biblioteca, fototeca e videoteca virtuais do Camiño de Santiago.
-
Manane Rodríguez, Inés París, Patricia Ferreira, e Chelo Loureiro, presentaron a delegación galega de CIMA, que defende unha sociedade máis igualitaria e diversa e a igualdade de oportunidades no cine e o audiovisual.