Notas
-
O Presidente da Deputación recibe ó xornalista lucense Francisco Rivera do que destaca a súa traxectoria profesional. Na homenaxe no Círculo das Artes lembráronse os seus inicios en Radio Lugo en 1954, e os máis de 40 anos que leva vencellado á cadea COPE.
-
O xornalista gañou a primeira edición deste certame cunha reportaxe de investigación sobre o poeta lucense Luís Pimentel. O vicepresidente da Deputación de Lugo pediulles ás administracións que apoien a cultura, sobre todo “en tempos de crise económica”.
-
A Axencia Galega das Industrias Culturais concederá en 2009 axudas ao sector audiovisual galego por importe de 2.700.000 euros a través de seis liñas destinadas á produción, creadores individuais, desenvolvemento de proxectos, contidos interactivos e curtametraxes e videoclips.
-
<p align="justify">O Consorcio desenvolve esta acción pioneira co fin de apoiar a difusión internacional dos documentais galegos. A convocatoria recolle unha achega de 4.500 euros para cada unha das produtoras que integran o catálogo anual.</p>
-
O aseguraba o secretario xeral de Comunicación da Xunta durante o debate sobre o cambio do modelo de negocio do sector audiovisual galego. Asegura que as televisións públicas deben reforzar o seu papel de servizo ao cidadán como valor de diferenciación respecto ds ofertas de outras canles.
-
Asistiron ao acto celebrado na Casa de Galicia en Madrid os actores Martin Sheen e Emilio Estévez, descendentes de galegos de Salceda de Caselas. A presidenta de AISGE, Pilar Bardem, actuou como anfitriona dos asistentes entre os que figuraban Luis Tosar, Maria Pujalte e Camila Bossa.
-
O cineclube do audiovisual galego, unha plataforma da Axencia Audiovisual Galega, adícalle un ciclo ao director pontevedrés Mario Iglesias cunha selección dos seus filmes. Preséntase na rede, en alta definición, o filme Cartas Italaianas rodada en quince días no verán de 2007.
-
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o que se considera cumio latinoamericano de xornalismo no que participan responsables dos medios de Latinoamérica, Portugal e España.
-
O Congreso de Medios de Comunicación Construyendo Eurolat garante o establecemento dunha ponte entre a Unión Europea e Latinoamérica na que o arco esencial é Galicia.
-
A Fundación Lydia Cacho, organización en defensa das persoas perseguidas ou en situación de perigo que co seu traballo loitan contra a corrupción e a favor dos dereitos humanos, pretende dar a coñecer o seu traballo.