Notas
-
Mr. Misto Films ha abierto, hasta el 30 de abril, el plazo para remitir cortos al VI OFestivalOn de Ribadeo, que tendrá lugar en verano y que está considerado como el festival más creativo del noroeste peninsular.
-
A reforma da Lei da CRTVG impulsará un cambio estrutural da compañía, garantirá a súa viabilidade e perfeccionará os mecanismos de garantía de neutralidade e independencia.
-
O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, denuncia que a páxina web de Paradores do Estado non está en galego, pero sí en alemán, francés ou catalán. Jorquera critica a recorrente teima do Goberno central en marxinar á lingua galega constantemente.
-
Abordarase o tema do documental como unha forza lírica, demostrando e argumentando a maneira en que a información se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xéneros documental, narrativo e experimental.
-
Na súa comparecencia parlamentaria, o responsable da Secretaría Xeral de Medios di que a prioridade do Goberno galego é achegar o sinal de televisión a cada un dos galegos. Cabaleiro destaca que este proceso de dixitalización senta as bases para facer un desenvolvemento da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos.
-
O lucense Pablo Núñez González acada o XXXIV Premio de Xornalismo do Belén de Begonte polo traballo titulado: Begonte, Belén infinito, publicado en www.galiciadigital.com.
-
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o técnico de proceso de datos da Deputación, Marcos Valiño, presentaron no Centro Cultural da Deputación a rede de servizos de novas tecnoloxías para o rural “tamTaMVai”.
-
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público galego en asociarse co Linux Professional Institute (LPI) que oferta unha variada gama de certificacións, que teñen un recoñecido prestixio e validez a nivel mundial.
-
O Secretario Xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, comparecerá a petición propia no Parlamento galego para explicar o proceso de acendido dixital que se inicia o luns nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares.
-
O Goberno galego anuncia a posta en marcha dunha liña de axudas por valor de 10 millóns de euros neste exercicio, orientadas a impulsar o desenvolvemento deste sector empresarial en Galicia durante o ano 2010. Inclúe o fomento do e-Goberno e o uso das TICs nas empresas galegas.