Skip to main content

Notas

  • Marcos Méndez, xornalista freelance lucense centrado actualmente na cobertura da guerra de Ucraína, é o gañador da XIX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. A candidatura de Marcos Méndez resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado.
  • As restricións impostas para o control da pandemia da COVID-19 asociáronse a unha redución importante na transmisión do coronavirus en España, estimando que ao incrementar un 34% a intensidade das medidas reduciuse a transmisión nun 22% á semana. Así se conclúe no estudo publicado pola revista Frontiers in Public Health sobre a 'Eficacia de intervencións non farmacéuticas en nove campos de actividade para diminuír a transmisión do SARS-CoV-2'.
  • A oitava edición da Xornada Mulleres na Ciencia abordará a robótica, un tema de “plena actualidade no eido da investigación, cun notable impacto interdisciplinar, e social polo tanto”. A Xornada Mulleres na Ciencia organízase dende o ano 2015 en concordancia coa asemblea anual da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia coa vontade de abordar temas de interese e actualidade na investigación así como no que afecta á fenda de xénero na academia e a na investigación.
  • O certame de cinema e cultura underground Galician Freaky Film Festival lanza o seu primeiro concurso de banda deseñada. Tomando como referencia Neo-Tokyo, a cidade futurista na que ten lugar Akira, o filme homenaxeado este ano; os traballos presentados deberán estar ambientados en Neo-Vigo. Este Vigo ulterior, distópico e futurista deberá estar presente en todas as obras presentadas.
  • A arte “como dimensión definitoria do ser humano” e como “expresión simbólica coa que, ademais de representar ou evocar unha realidade externa ou interna, podemos tamén transformar esa realidade” constitúen, como explicou o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, o fío condutor da XXXIX Semana Galega de Filosofía.
  • O 19º festival internacional de cinema Play-Doc (Tui, do 26 de abril ao 1 de maio) presenta unha nova entrega desta proposta que leva o cinema máis aló da pantalla tradicional. A través dun percorrido nocturno guiado pola cidade monumental de Tui, os espectadores descubrirán como unha serie de instalacións e espectáculos audiovisuais transforman espazos históricos normalmente pechados ao público.
  • Do 20 de abril ao 6 de maio, a cidade de Ourense volverá acoller unha nova edición, a 28ª, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Baixo o leva A mostra dunha cidade. O teatro dunha universidade, a cita contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
  • A presentación na Facultade de Matemáticas, do novo modelo da calculadora ClassWiz, que por primeira vez inclúe o galego entre as súas opcións de configuración, serviu de colofón ao programa de actos que este centro impulsou en marzo co gallo da conmemoración do mes das Matemáticas. Ao longo das últimas semanas, esta Facultade deu pulo a exposicións ou certames, entre outras actividades.
  • O que fora profesor da USC e presidente da Xunta de Galicia, Emilio Perez Touriño, acaba de presentar en Bruxelas, no hub de prensa do Parlamento Europeo, o seu libro El horizonte europeo, editado na colección Ensaio do selo USC Editora, pertencente ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da institución compostelá.
  • 'As producións artísticas, a lectura e o xogo están unidos por numerosos elos comúns. Todos eles, desde a creatividade e a imaxinación, configuran un espazo propicio para a descuberta, a liberdade, o pensamento diverxente e a adquisición dun elenco de experiencias, que transforman a nosa percepción e favorecen os procesos de socialización'.