Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O venres 2 de febreiro pola tarde o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Esta actividade convida cada ano aos membros da comunidade universitaria, tanto alumnado como profesorado dos tres campus da UVigo, a pór en valor os seus traballos académicos e investigadores.
  • José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira recolleron este martes 23 o premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu a luz na Revista Galega de Economía.
  • O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, abren a convocatoria da XX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.
  • Un grupo dunhas 200 persoas vinculadas co mundo da fotografía, co comisariado e coa historiografía, así como propietarios e propietarias de diferentes arquivos de fotógrafos históricos galegos, vén de enviar un escrito a todas as forzas políticas que se presentan as eleccións do 18 de febreiro, sobre a situación en que se atopa o rico patrimonio fotográfico galego e a necesidade de crear un centro onde se conserve, organice e se difunda a fotografía histórica galega, e que ao mesmo tempo dinamice a creación fotográfica contemporánea.
  • Un artigo publicado na revistaPhysical Review Letters describe unha nova técnica para determinar e estudar as reaccións nucleares que teñen lugar en explosións estelares, como as supernovas. No traballo participou o investigador Yassid Ayyad, do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, que se encargou de desenvolver parte da análise e o marco de simulacións necesarias para interpretar os resultados.
  • Mañá xoves, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas, as investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da Área de Matemática Aplicada; e María José Souto Salorio, da Área de Álxebra da Universidade da Coruña, presentarán no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger.
  • Unha investigación da USC e da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) analizou como se informou a cidadanía en España durante a pandemia da COVID-19 e a súa percepción sobre o papel de xornalistas, medios, comunidade científica e autoridades gobernamentais e sanitarias.
  • A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran un ano máis co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na elaboración da versión en lingua galega do seu Calendario Científico Escolar. A UDC é a única entidade galega participante nesta colaboración, levada a cabo desde o ano 2019.
  • Compilar todos os textos sobre o apóstolo Santiago en Compostela e as peregrinacións ao seu sepulcro, traducilos ao castelán e realizar un estudo inicial e un aparello de notas coa finalidade de compoñer unha monografía útil tanto á comunidade académica como ao público xeral é o obxectivo dun proxecto de Joel Varela Rodríguez, quen recibiu para esa finalidade unha axuda da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
  • A proliferación das informacións falsas, imprecisas ou enganosas que se difunden a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería, converténdose nalgúns casos en virais, tense convertido “nunha preocupación de primeira magnitude para gobernos e institucións internacionais”, dado que “pon en risco a estabilidade dos sistemas políticos democráticos” e constitúe “unha seria ameaza para a credibilidade dos medios de comunicación”.