Skip to main content

Notas

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición do Festival Groba que comezará o 12 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta e que, tras o éxito da pasada edición, repetirá o seu programa especial pedagóxico para artistas novos e estudantes, centrado na práctica da música de cámara. O Director tivo un recordo especial ao mestre Groba, finado en 2022, impulsor dunha iniciativa “que ano a ano demostra o potencial da música clásica en Galicia”.
  • É unha canción doce, elegante e emotiva que, aínda que parece de amor -como así é - esconde unha historia. Composta como un tributo ao escritor gallego Domingo Villar, a canción presentouse de xeito acüstico no acto celebrado na FNAC de Callao en Madrid, en outubro de 2022 e diante da emocionada familia do literato. Cun ritmo entre a balada e o suave reggaeton do estribillo, a canción desenvólvese no mundo do cantautor, onde a historia manda e a música aporta fermosura.
  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, que participou na entrega de premios das XXVII Catas de viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, que se celebrou no concello lugués de Monforte de Lemos, destacou a excelencia destes viños e o seu carácter diferencial, que lles confire a condición de referentes no ámbito nacional e mesmo internacional.
  • Do 21 de xuño ao 29 de xullo a Igrexa da Universidade abeirará a mostra 'Fragmentos de onte', unha exposición que parte do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson para tecer un itinerario pola Galicia dos anos 20 do século pasado. Promovida por Bodegas Martín Códax en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, a mostra conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.
  • A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
  • Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con “académicos e académicas de referencia no noso país”.
  • A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro. A cita estivo organizada polo Nodo CIBER.gal en colaboración con esta escola da UVigo e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
  • Cunha fundada análise metodolóxica, unha demorada investigación dialéctica e unha coidada presentación, Dario Villanueva debullou exemplos da linguaxe de hoxe en día en campos sociais tan dispares como a literatura, o dereito, a política e a publicidade. Todo este esforzo destilouno na súa obra 'Los poderes de la palabra', da editorial Galaxia Gutemberg, que presentou no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG).
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal).
  • 'Toda a comunicación de Ucraína estudarase no futuro nas facultades'0. É parte do que se analizou este xoves no Centro Internacional de Prensa de Galicia, nunha charla impartida por Marcos Méndez, xornalista de Lugo na guerra en Ucraína e gañador neste 2023 do Premio de Liberdade de Expresión José Couso, outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.