Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Tras o seu paso polo campus de Ourense, dende hoxe e ata o 30 deste mes de xuño, a exposición Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século recala no edificio Redeiras, a sede institucional da Universidade de Vigo no Berbés.
  • O certame de cinema e cultura underground Galician Freaky Film Festival lanza o seu primeiro concurso de banda deseñada. Tomando como referencia Neo-Tokyo, a cidade futurista na que ten lugar Akira, o filme homenaxeado este ano; os traballos presentados deberán estar ambientados en Neo-Vigo. Este Vigo ulterior, distópico e futurista deberá estar presente en todas as obras presentadas.
  • Xa está todo listo para a celebración en Vigo da segunda edición do encontro The Thinking Institute, unha xuntanza que busca consolidarse como encontro internacional anual para especialistas do eido da nanociencia. Nesta ocasión participarán como relatores 12 expertas e expertos chegados de diferentes lugares do mundo (Michigan, Illinois, Trieste, Amberes, Lausanne …), a inmensa maioría dos cales xa participaron na primeira edición do encontro, celebrada en xullo do 2022.
  • O estudo das modificacións químicas dos ARNs, presentes en todos os organismos, é esencial para avanzar no coñecemento das enfermidades asociadas ao envellecemento como é o caso da síndrome metabólica, problemas cardiovasculares ou a deterioración neuro-cognitiva, entre outras.
  • Desde hai máis de dúas décadas en España, como no resto de Europa, explican as profesoras e investigadoras do campus de Ourense Raquel Rial e Beatriz Cancho, as cifras da obesidade supoñen un serio problema e reto de saúde pública “especialmente grave” na poboación infantil (onde afecta a 4 de cada 10 nenos e nenas) e na poboación adolescente (afecta a 3 de cada 10).
  • A pasada semana percorreu Bulgaria un numeroso grupos de membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, en viaxe cultural organizada pola asociación que preside Ángel Trabada. Como é tradicional nas viaxes que coinciden con esta data, celebraron na cidade de Burgas un acto con motivo do "Día", no que interveu o xornalista Xulio Xiz.
  • As obras de dez antigos alumnos da Facultade de Belas Artes, que hoxe son profesionais da banda deseñada e da ilustración, reúnense na Sala Manuel Moldes, que acolle a exposición '9 narrativas gráficas e unha animación desesperada'. Comisariada polo autor e editor de cómics Kiko da Silva, esta mostra permite achegarse ao traballo de Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miguel Iglesias, así como do propio comisario.
  • Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores é o título dunha recompilación tributo ao rock e o metal galegos das últimas décadas, creada por 10 bandas de todas as partes de Galicia. Lanzada neste Día das Letras Galegas 2023, nela aparecen versións de bandas moi diversas. Dende as máis coñecidas, como Los Suaves ou Los Piratas, ata bandas subterráneas como Detestor ou Consumatum Est, e dende o folk rock de Nordés ata o heavy metal de Épsilon ou o metal extremo de Nowhere.
  • Un ano máis o persoal investigador da Universidade de Vigo volve unirse á celebración do Pint of Science, o festival de divulgación científica que aposta por levar a ciencia e o coñecemento aos bares para achegalo á cidadanía. Ao longo de tres días, entre o 22 e o 24 deste mes, seis científicos e científicas da UVigo ofrecerán relatorios e obradoiros no bar Cañaveral arredor de temáticas diversas.
  • “Testemuño de integridade cívica, de compromiso con Galicia e de resistencia activa, indomable, contra o totalitarismo”. Con estas verbas definiu o catedrático da USC Henrique Monteagudo a figura do que foi estudante e profesor da institución compostelá, Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.