Notas
-
A pasada semana percorreu Bulgaria un numeroso grupos de membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, en viaxe cultural organizada pola asociación que preside Ángel Trabada. Como é tradicional nas viaxes que coinciden con esta data, celebraron na cidade de Burgas un acto con motivo do "Día", no que interveu o xornalista Xulio Xiz.
-
As obras de dez antigos alumnos da Facultade de Belas Artes, que hoxe son profesionais da banda deseñada e da ilustración, reúnense na Sala Manuel Moldes, que acolle a exposición '9 narrativas gráficas e unha animación desesperada'. Comisariada polo autor e editor de cómics Kiko da Silva, esta mostra permite achegarse ao traballo de Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miguel Iglesias, así como do propio comisario.
-
Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores é o título dunha recompilación tributo ao rock e o metal galegos das últimas décadas, creada por 10 bandas de todas as partes de Galicia. Lanzada neste Día das Letras Galegas 2023, nela aparecen versións de bandas moi diversas. Dende as máis coñecidas, como Los Suaves ou Los Piratas, ata bandas subterráneas como Detestor ou Consumatum Est, e dende o folk rock de Nordés ata o heavy metal de Épsilon ou o metal extremo de Nowhere.
-
Un ano máis o persoal investigador da Universidade de Vigo volve unirse á celebración do Pint of Science, o festival de divulgación científica que aposta por levar a ciencia e o coñecemento aos bares para achegalo á cidadanía. Ao longo de tres días, entre o 22 e o 24 deste mes, seis científicos e científicas da UVigo ofrecerán relatorios e obradoiros no bar Cañaveral arredor de temáticas diversas.
-
“Testemuño de integridade cívica, de compromiso con Galicia e de resistencia activa, indomable, contra o totalitarismo”. Con estas verbas definiu o catedrático da USC Henrique Monteagudo a figura do que foi estudante e profesor da institución compostelá, Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
-
No ano 2002, con motivo da celebración da 8ª edición de Ponte...nas ondas! Francisco Fernández del Riego foi convidado a participar na xornada de comunicación interescolar. Don Paco coñeceu de primeira man o que se estaba a facer desde Ponte...nas ondas! , coa súa sabedoría diagnosticou este labor como “sen precedentes” e albiscou un futuro prometedor para a experiencia.
-
A Universidade da Coruña, en colaboración con outras entidades, vén de publicar o cómic Irene a porteira, realizado por Xulia Pisón, autora de cómics e debuxante, e Óscar Losada, xornalista especializado en temas de cultura e deporte. O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século.
-
O docente e investigador da UVigo Alexandre Pazos e os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e docentes da UDC, José Fernando Lousada e Ricardo Ron, son os autores de Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de Seguridad Social; teletrabajo transnacional, publicado pola editorial Tecnos.
-
O cumio académico e do coñecemento UE-CELAC traballa dende este xoves na construción dun espazo común euro-latinoamericano e caribeño de educación superior, ciencia, tecnoloxía e innovación que marcará a axenda internacional dos vindeiros meses. Este foro busca continuar o fío aberto na primeira edición, tal e como explicou o reitor da USC e presidente do comité organizador
-
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das xornadas Violencia e morte na historia, organizadas polo centro co apoio da Vicerreitoría do campus de Ourense. A cita arrancou cunha conferencia de Mª del Carmen Saavedra, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, sobre violencia e guerra en época moderna.