Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Tras un ano de parón pola pandemia, as tres universidades galegas retoman dende hoxe a Xornada Universitaria Galega en Xénero, un cita que naceu en 2013 como un punto de encontro e reflexión anual para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero, “un evento único no estado español e unha fortaleza para a sociedade galega”, como recalcan as súas organizadoras, as unidades de igualdade da UVigo, a USC e a UdC.
  • Síntese de novos fármacos, deseño de sensores para a detección de enfermidades, nanomateriais para o tratamento de doenzas, estudos bioestadísticos… Estes son algunhas das principais temáticas que se van tratar na 4º edición do Annual Meeting do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio.
  • Como promover unha transición cara unha economía circular que, ademais de contribuír a conservación dos ecosistemas, sexa tamén socialmente xusta? Esta é a pregunta á que, ao longo dos próximos tres anos, buscará dar resposta o proxecto 'JUST2CE. A just transition of circular economy', financiado con 3,6 millóns de euros polo programa comunitario H2020 e liderado polo investigador Mario Pansera.
  • Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo 'Mazurca para dous poetas', inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores mozos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras. A proposta seleccionou tres novas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.
  • Tivo lugar en Sarria o acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias -autora á que a Real Academia Galega lle dedicou este 17 de maio- incluída no proxecto homónimo que tamén contén o espazo web monográfico aquelanenadesarria.gal e que desenvolve desde marzo o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Có título xenérico de LIBROS NO CAMIÑO que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, celebrarase dende o vindeiro mércores día 2 de xuño, ata o sábado día 5 de xuño na Rúa do Paseo de Ourense a XXXVII edición da FEIRA DO LIBRO da cidade. A de Ourense é a cuarta das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata o mes de agosto.
  • A área de Cultura da UDC remata o Mes das Letras co espectáculo poético/musical 'Idioma da tinta', a cargo de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos na sala Cubo do espazo de intervención cultural da UDC. Inquedos dinamizadores culturais ambos os dous desde A Coruña e Vigo, a poeta Yolanda Castaño e o músico e compositor Isaac Garabatos comezaron en 2006 a unir as súas linguaxes creativas en videocreacións e pequenos espectáculos multidisciplinares.
  • No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas, a Noite galega das persoas investigadoras (G-Night) chegará o 24 de setembro.
  • O proxecto Lingua Viva, coordinado dende o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC pola profesora Elisa Fernández Rey, pretende poñer en marcha unha plataforma que permita recoller o patrimonio lingüístico galego mediante un método colaborativo coa cidadanía, en virtude do cal, todos os cidadáns poidan achegar o seu coñecemento lingüístico. 'O noso propósito é crear un espazo que reúna as doazóns lingüísticas dos falantes do galego vivo', apunta a profesora Fernández Rey.
  • Ciencia e arte danse a man na proposta que o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo deseñaron para celebrar o Día Mundial dos Océanos. O proxecto, bautizado como Scientists meet artists, propón unha maridaxe entre dous mundos, a priori, ben distantes como son a investigación mariña e a ilustración.