Notas
-
Irene Montero Díaz, con “Lúa Nova”, é a autora galardoada nesta oitava edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Así se deu a coñecer no salón de plenos do consistorio ribeirense nun acto que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa participación de Fran Alonso, director de Edicións Xerais; da concelleira de Cultura, Maria Sampedro; da propia autora e de varios membros do xurado, entre outos.
-
A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega. -
O programa BIOARGOS21, iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncuBatech e que está liderada pola USC a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) acaba de botar a andar a súa oitava edición. As persoas participantes nas convocatorias relativas a Bio-Saúde e Tecnoloxías Agroalimentarias, déronse cita no Pavillón Universitario da USC para participar na Escape Room ‘O Gran Reto do Emprendedor’. -
Entre xaneiro de 2015 e xuño de 2020, Xosé Luis Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo 261 textos xornalísticos acubillados na sección No Fondo dos Espellos. Estes escritos efémeros agora están dispoñibles para o público xeral nun libro editado pola Universidade de Vigo. Este volume constitúe un xeito de homenaxear ao escritor e doutor Honoris Causa pola UVigo e de compilar todos estes contidos que publicou cada sábado durante eses cinco anos e medio no xornal vigués. -
'Xela Arias: unha voz transgresora, insubmisa, desconforme, defensora radical da independencia. Dende o non privilexio, cuestionou a orde, fuxiu do establecido, interrogou, afastouse do esperado. Poeta fóra das convencións, desobediente, Xela escribiu e viviu por elección'. Con esta apelación preséntase o volume Xela Arias. A literatura e a vida, por elección co que a USC se suma á conmemoración do Día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias. -
Conseguir que o galego dea un paso decidido cara a adiante no eido das tecnoloxías intelixentes é o horizonte que persegue o proxecto Nós, no que USC e Xunta de Galicia suman esforzos para equiparar o idioma propio da Comunidade a outras linguas que inundan o ecosistema dixital. Esta iniciativa, a máis ambiciosa que se ten desenvolvido a prol do galego, nutrirase de todo o potencial que alberga a Universidade como institución pioneira e de referencia en Galicia no eido da Intelixencia Artificial. -
Pór en valor a xeoloxía, os solos, os viñedos e a cultura dun enclave único como é a Ribeira Sacra. Con este obxectivo presentouse este martes na Deputación de Ourense unha publicación na que se analizan as singularidades da paisaxe e o patrimonio deste enclave xeográfico que comparten as provincias de Ourense e Lugo. -
Por primeira vez nos 12 anos de historia deste ciclo, o presente trimestre de POETAS DI(N)VERSOS non acolle tres senón catro recitais con autores en galego e do resto do mundo. Máis concretamente, este maio –adoito alcumado como “mes das letras”– será o que reciba dúas sesións de lecturas públicas na voz dos seus propios autores/as. Sempre no Auditorio do Centro Ágora, ás 20h e conducidos pola fundadora e coordinadora do proxecto, a tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. -
Os profesionais da xestión cultural fían a cumprimento das boas prácticas a futura celebración de eventos e espectáculos culturais, tal e como se recolle no manual elaborado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) xunto coa Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, que o vindeiro curso ofertará o título de grao en Xestión Cultural. -
A iniciativa que logrou que Twitter comezara a publicar chíos en vez de tweets, celebra o seu décimo aniversario. Un día de celebración ao que se están sumando personalidades do mundo académico como o Presidente da Academia Galega, Víctor Freixanes, ou Rosario Álvarez, así como persoas relacionadas como Marilar Aleixandre ou Arancha Nogueira da literatura, Marcus Fernández do activismo dixital, Monti Castiñeiras e Carlos Ares da televisión.






