Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que terá lugar na cidade de Tui do 22 ao 26 de setembro, presentará unha atractiva programación paralela para a súa décimo séptima edición. Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, Play-Doc aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade.
  • O Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín anunciou a programación completa da súa sexta edición, que terá lugar do 4 ao 12 de setembro no Auditorio Municipal. Máis de 30 curtametraxes dunha ducia de países competirán este ano no concurso oficial do encontro, que acollerá tamén outra serie de proxeccións paralelas, así como unha homenaxe ao actor e comunicador Sergio Pazos.
  • A organización dos Premios Martín Códax da Música anunciou hoxe a posta en marcha da súa oitava edición, que abre o vindeiro luns día 23 de agosto o período de inscrición de propostas para as 17 categorías musicais convocadas, a través das que se porá o foco nos 51 proxectos que pasen á fase final. Mantéñense respecto da edición de 2000 as 17 categorías musicais, e en cada cada unha delas elixiranse tres propostas finalistas.
  • Foi presentada na Biblioteca pública municipal de Miño (A Coruña) a exposición 'Aquela nena de Sarria', na honra de Xela Arias, por térselle dedicado este ano o Día das Letras. No acto participaron o Alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; Pura Galán Voutureira, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; a pintora e ilustradora lucense Sabela Arias, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.
  • Os visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas poderán gozar de paseos virtuais baixo o mar grazas a unha iniciativa pioneira que lles permitirá coñecer en profundidade a fauna e a flora que agochan os fondos deste espazo natural. A actividade arrancará hoxe en Cíes grazas ao apoio e colaboración da Xunta de Galicia, que subvenciona o programa a través do propio Parque Nacional e tamén do Xacobeo 21-22.
  • Manuel Rama Caamaño desenvolveu na súa tese diferentes metodoloxías que permiten avaliar a sustentabilidade de sistemas urbanos e identificar os principais puntos febles con respecto a un desenvolvemento sostible. A investigación aborda unha cuestión de actualidade polo crecemento exponencial nas últimas décadas da poboación urbana, ata alcanzar o 66 % do global.
  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e Pontevedra; Luis Lopez; participaron no encontro Next Generation Galicia. Por un rural forte e conectado’.
  • Despois de ter que adiar a súa sétima edición o ano pasado por mor da evolución da pandemia, Pont-Up Store, evento de fomento da innovación e o emprendemento do noroeste peninsular, 'xa quece motores para regresar con máis ilusión ca nunca e varias novidades durante os días 24 e 25 de setembro', segundo indican os seus responsables.
  • 'Hai unha cita que di que a historia comeza onde acaba a memoria da última xeración viva, e Ian Gibson é aí onde traballa, nun lugar onde conflúen os mitos, as lendas, a memoria da xente que vai entrevistando, que son memorias mediatizadas polo seus recordos, son historias con minúscula, individuais e subxectivas, e Ian ten, ou autoimponse, a tarefa de convertelas en historias con maiúscula'.
  • Buscaban unha solución tecnolóxica capaz de mellorar a accesibilidade do Camiño de Santiago e o resultado é PictoXacobeo, unha aplicación para Android deseñada especificamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.).