Notas
-
O centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán permitirá profundar dende novas perspectivas na súa figura e obra. A USC, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega reunirán a finais do mes de outubro na Coruña e Santiago unha representación de voces expertas na autora no congreso internacional 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois'.
-
Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Daquela, este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, unha vintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia.
-
'Non te amola!' é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, "Non te amola!", ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora e que, a partir desta semana, chegará ás librerías de toda Galicia para que as lectoras e lectores poidan coñecer mellor a sensibilidade da autora como narradora.
-
En 2020 cumpríronse 100 anos do lanzamento da célebre revista Nós. Nun ano adicado a loar e conmemorar esta importante efeméride, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades quere renderlle tamén a súa homenaxe no marco da colección Cadernos Ramón Piñeiro dedicándolle a súa XLII edición, 'Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor', que foi presentado na Sede do CRPIH polo secretario xeral de Política Lingüística.
-
O 40% da poboación mundial vive a menos de 100 kilómetros da costa. Partindo deste dato, o grupo de traballo sobre resiliencia e servizos dos ecosistemas mariños pertencente ao International Council for the Exploration of the Sea (ICES) está a impulsar unha investigación, coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, coa que medir o impacto que a COVID-19 está a causar no benestar da poboación das zonas costeiras.
-
Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga.
-
'O que máis valoro deste proxecto é o novidoso de facer algo así en Galicia', salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens de Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea, un proxecto multimedia centrado na divulgación da fotografía de autor en Galicia a través dunha serie de curtametraxes documentais dedicados a diferentes fotógrafos e fotógrafas.
-
En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros.
-
Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo
-
'Twitter revélase como un territorio hostil para as mulleres, con especial incidencia naqueles ámbitos de maior proxección pública, como a política e a comunicación, que cumpren unha función esencial nas sociedades democráticas'. Esta é unha das principais conclusións do proxecto 'Mulleres pontevedresas na rede. Análise do sexismo, misoxinia e discurso do odio en Twitter', que Xabier Martínez Rolán e Teresa Piñeiro levaron a cabo.