Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Desde hai preto de vinte anos, profesores e profesoras de creatividade publicitaria de diferentes universidades españolas reúnense cada dous anos nun simposio dirixido a pór en común diferentes experiencias e estratexias docentes. Na última edición deste encontro, que tivo lugar en 2018 en Valencia, decidiron dar un paso adiante e sumar a este encontro un congreso que achegase as diferentes temáticas obxecto de análise a estudantes ou investigadores.
  • Este verán a UVigo será sede dun congreso sobre a obra da poeta e tradutora Adília Lopes, unha das figuras máis representativas do panorama literario portugués. O encontro comezará o último día do mes de xuño e acollerá a expertas e expertos de todo o mundo que reflexionarán sobre cuestións moi presentes na creación da escritora lisboeta.
  • Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega.
  • O Colectivo Egeria pon en marcha a web maragatosdelugo.org, para dar comezo ao seu traballo en relación coa histórica familia maragata Pérez-Carro, asentada na capital lucense desde 1880. A elección desta data débese a que o luns 19 de abril, cúmprense 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García, representante da segunda xeración desta familia, cuxos pais, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro chegaron á capital lucense procedentes de Santa Colomba de Somoza, capital da Maragatería leonesa.
  • Creador literario, crítico e historiador da literatura, gramático e lingüista; mais tamén planificador da lingua, sempre preocupado pola estandarización do galego; estas son algunhas das facianas do 'traballador infatigable' Ricardo Carvalho Calero. Así o definiu o profesor Francisco Cidrás, coordinador da obra 'Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso', cuxa presentación centrou o acto institucional do Día das Letras galegas 2020.
  • Aínda que cun aforo reducido, o ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Universidade de Vigo promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, retorna o vindeiro luns ao Teatro Principal. Farao coa proxección, ás 19.00 horas, de Oeconomía, un filme no que a directora alemá Carmen Losmann aborda 'as regras do capitalismo contemporáneo e como estas fan crecer sistematicamente o déficit e a concentración de riqueza'.
  • Afianzar propostas eco-agro-innovadoras que axuden no tránsito do territorio cara a prácticas máis sustentables é o eixo que vertebra a acción do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto no que toma parte o grupo de investigación HISTAGRA da USC e que xunto á Fundación RIA presentou este venres a publicación 'Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro'.
  • A covid-19 obrigou o pasado ano a suspender o Congreso Internacional de Mediación Lectora, un evento promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil e centrado nese labor de 'ponte' que diferentes axentes establecen 'entre o libro e a infancia e a mocidade', como salienta a súa coordinadora, a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Eulalia Agrelo.
  • Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. A mostra ‘Camiño’, que a partir do venres 26 de marzo e ata o 21 de maio poderá visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, achega parte da procura íntima do eu integrado na natureza. Nado en Neyagawa, o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991.
  • Nación ofrece unha pescuda sobre as galegas na segunda metade do século XX a través da historia da fábrica de porcelanas Pontesa. Homenaxea a todas as mulleres que converteron a factoría nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos, intercalando imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular.