Notas
-
O festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Medio cento de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes. É a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos.
-
O ciclo está composto por oito andainas nos concellos de Ares, Moaña, Sober, Oia, Cervo, Padrón, Castro Caldelas e Parada de Sil que se desenvolverán do 3 ao 31 de agosto, cun programa que comprenderá actuacións musicais e actividades gastronómicas
-
Os galardóns apoian a excelencia creativa nos campos das Letras, as Artes Plásticas, as Artes Escénicas, a Música, o Audiovisual, a Lingua, o Patrimonio Cultural e a Proxección Exterior, podendo ser presentadas candidaturas durante os próximos dous meses por parte das institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada modalidade.
-
A escritora recibirá o vindeiro sábado 29 de xuño, no Concello da Coruña, a vixésimo quinta edición da Homenaxe O/a Escritor/a na súa Terra - Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Pilar Pallarés en Socia de Honra da AELG
-
A Rede Galega de Praias se Fume, que promove a Consellería de Sanidade, suma este ano oito areais en Barreiros e Cervo e un novo concello, o de Chantada coa praia fluvial do encoro de Sangoñedo. Con estas incorporacións, son xa 24 zonas de baño e 13 concellos os adheridos a este programa.
-
Do 3 ao 6 de xullo vaise celebrar en Viveiro o XIV Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España e un dos máis relevantes de Europa. Para esta celebración a Deputación de Lugo aporta 150.000, e calcúlase que o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na provincia de Lugo de máis de 6,6 millóns de euros e de 8,5 en toda Galicia.
-
Con este Encontro, que se celebrará o 28 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño, búscase seguir abrindo canles de contacto e colaboración entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, especialmente as pemes. Está dirixido a profesionais, empresas, entidades de innovación e estudantes de Tecnoloxía e Deseño.
-
Os preto de 70 alumnos dos catro centros educativos de Cangas, Cercedo-Cotobade, O Rosal e Fene que participaron na edición 2018-2019 do programa Cinema en Curso estrearon hoxe no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia os filmes que realizaron co acompañamento dos cineastas Ángel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño.
-
Tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor.
-
Este xoves será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa “Unha tempada no paraíso”, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer de Manaos co título de “Uma temporada no paraíso”. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a Não amanhece o cantor, de José Ángel Valente.