Skip to main content

Notas

  • A nova edición do programa No Bico un Cantar estará centrada na tradición musical da Raia, e se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Baixo o título de 'Nenas e nenos cantan na Raia', o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño. Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais de Galicia.
  • A Cidade da Cultura de Galicia prepara unha ampla e variada programación para arroupar e dinamizar ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’, a exposición máis completa sobre os 143 anos da historia deste deporte na nosa comunidade e que se pode ver ata o setembro no Gaiás. Entre o abano de actividades atópase un encontro de escolares con futbolistas da elite ou a retransmisión de partidos históricos.
  • Trátase de premiar as boas prácticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero.
  • Galicia contará co primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G, grazas a un convenio asinado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o reitor da Universidade de Vigo, e o director-xerente de Retegal. O programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.
  • O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a terceira edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas destinadas ás empresas, emprendedores e autónomos e dedicadas a un tema concreto. En marzo, #MesD centrarase nas redes sociais con catro seminarios sobre Instagram, LinkedIn, Facebook e Twitter.
  • O patrimonio cultural da provincia volve a ser a imaxe da Semana das Industrias Culturais e Creativas, "Ourense ICC Week" que organiza a Deputación de Ourense e que nesta quinta edición centra a súa imaxe no Xadrez de San Rosendo, oito misteriosas pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense e que constitúen un dos vestixios máis antigos deste xogo en toda Europa.
  • A adolescencia e o seu mundo protagonizan 'Los pavos trufados”', a última obra do escritor, filólogo e xornalista coruñés Vicente Araguas, un libro de relatos Casa de Galicia en Madrid. Nel Araguas “recupera a adolescencia, esa idade do pavo segundo o termo tan cruel”. Con 'Los pavos trufados', Vicente Araguas regresa á publicación de relatos para facer unha literaria homenaxe á adolescencia e ao seu mundo
  • A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega. Os participantes no curso aprenderán da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que lles brindará a súa experiencia no mundo da edición e mesmo servirá de ponte ao profesionalismo para aqueles cun desempeño sobresaínte.
  • Esta mañá tivo lugar en Madrid, na sede do Ministerio de Industria Comercio y Turismo, a I Asamblea Ordinaria da Rede de Cidades AVE 2019, que estivo presidida pola ministra Reyes Maroto e pola secretaria de Estado de Turismo de España, Isabel María Oliver Sagreras, e contou co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Pumar, como representante do Concello de Ourense.
  • Este mércores o Ateneo de Santiago e Histagra Grupo de Investigación da USC presentarán o último ensaio publicado pola editorial Galaxia titulado Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, edición de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. O acto (19:30, sede de Afundación) contará coa participación dos Catedráticos de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.