Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O Consello da Xunta aproba un decreto que adapta a normativa estatal ás características do ámbito xeográfico galego e que deroga o anterior decreto de 2005, euiparando as piscinas das casas rurais e de agroturismo, colexios maiores e residencias ás dos dos aloxamentos turísticos.
  • A Directora da Amtega, no I Congreso de ISACA en Santiago, destacou a importancia de crear confianza para que os cidadans se desenvolvan nun contexto dixital, e lembrou que o Goberno galego aposta pola ciberseguridade reformando o Plan de Seguridade con mais orzamento e novas medidas ata o 2021.
  • 90 axentes do sector agrogandeiro participaron en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
  • Esta áreal inclúe estacións de ferrocarril e autobús, unha gran praza cuberta, aparcadoiro subterráneo, un paso inferior de conexiòn para a cidade e outras actuacións urbanas. O contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES ENXEÑEIROS CONSULTORES e L35 ARQUITECTOS por 770.745,56€, e prazo de execución de 15 meses.
  • 'Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación' é un proxecto expositivo da USC e a Fundación Luis Seoane, que xira ao redor do álbum 'Trece estampas de la traición' co que o artista galego sinalaba os responsables do golpe de estado de 1936 e poñía de manifesto a dramática situación da poboación civil por mor do conflito e a represión posteriores. O álbum de Soeane foi editado en 1937 e formou parte das diversas publicacións da campaña de propaganda no exterior do goberno republicano.
  • A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña.
  • As NerdNites comezarán o martes 3 de setembro a súa oitava edición cunha sesión monográfica que leva por título ‘Cerebro e liberdade’. Esta primeira NerdNite, organizada en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia co gallo da súa celebración en Santiago do seu congreso bienal, estará moderada por José María Delgado, catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e contará como relatores con diversos especialistas.
  • Un total de 56 obras son as presentadas á nova edición do Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña que se fallará no próximo outono. O premio, dotado con 25.000 € e a publicación da obra, recaeu na pasada edición na novela titulada "900", de Xabier López, que vén de chegar ás librarías. A novela gañadora do XXX Premio Torrente Ballester de narrativa en galego, editada nesta edición por Galaxia, chega co número de páxinas que anunciaba no seu título: "900".
  • Este martes preséntase no Museo Etnolóxico de Ribadavia o libro do antropólogo Francisco Almarcha “El Lobo. Tótem y tabú” editado por Tundra, será presentado polo tamén antropólogo Félix Castro Vicente que fará unha panorámica das crenzas sobre o lobo en Galicia. Neste traballo Francisco Almarcha analiza como o lobo pode interpretarse como un animal tabú e un tótem no que os seres humanos proxectamos temores, fobias, ansiedades, aspiracións e anhelos, produto de diferentes condicionantes socioculturais.
  • O Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival, será na 24ª edición, organizada pola Deputación de Ourense, para o director ourensán Norberto López Amado que, desde finais deste ano, dirixirá a serie "3Camiños", que será gravada por varios países pola produtora galega Ficción Produccións. O Premio Ourense foi na edición anterior para o actor Luis Tosar, e entre os galardoados en edicións anteriores están os directores Luis Gª. Berlanga, Enrique Urbizu e Emilio Martínez Lázaro.