Notas
-
O ciclo Monumenta, andar con arte achégase o sábado 25 a Palas de Rei para realizar a andaina 'Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa'. As terras da familia homónima e o castelo de Pambre, articulan a actividade, que contará co arqueólogo Santiago Vázquez Collazo e representantes do Instituto de Estudios Ulloáns para acompañar e ilustrar aos camiñantes.
-
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2018/2019. Preténdese con estas axudas mellorar as perspectivas dos universitarios en paro para a súa incorporción ao mercado laboral.
-
A conselleira do Mar avanzou que a vindeira semana se iniciará unha campaña informativa nos medios de comunicación e nas redes sociais sobre o parasito anisakis, tras presentar a iniciativa ante os membros do pleno do Consello Galego de Pesca para a súa aprobación. A conselleira explicou que se pon en marcha esta iniciativa ante a alarma xerada en relación ao consumo de peixe e ao parasito anisakis sobre a que se vén queixando o sector.
-
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, anunciou esta mañá que a entidade vai participar de novo en La Vuelta a España, co posto de …E para comer, Lugo, da man de Turismo de Galicia. Na mesa da presentación oficial sentaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.
-
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe unha nova aplicación móbil que ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta, a primeira destas características dunha comunidade autónoma, elaborouse en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez.
-
A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vai ser o escenario que acolla a segunda Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que FEGADACE organiza o sábado 29 de setembro desde as 9:30. O encontro está dedicado á reflexión, definición, estudo, avaliación e medición da calidade de vida do colectivo que representa a Federación Galega de Dano Cerebral.
-
O programa de dinamización da lectura Ler conta moito achega neste mes de agosto 56 actividades a 35 concellos de toda Galicia. A convocatoria de axudas deste ano, dotada con 195.000 euros, e que se resolveu en maio, posibilita que 228 bibliotecas e axencias de lectura municipais de 173 municipios se beneficien ata finais de outubro das actividades que ofrece este proxecto.
-
Os Premios de Publicidade en Galego, que en 2018 acadan a súa XXV edición, incorporan unha categoría extraordinaria que recoñecerá proxectos elaborados por alumnado de centros educativos e que se sumará ás catro existentes ata o de agora: radio, televisión, internet e prensa escrita. Os galardóns teñen como obxectivo promover a publicidade en lingua galega e se encadran nas directrices do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020.
-
O audiovisual galego conta desde este mes cun novo espazo informativo onde amosar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. 'Díxome, Díxome', unha publicación do Clúster Audiovisual Galego, que nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia. O Clúster ten agora un lugar propio con contidos moi diversos pensados para poñer en valor ao sector e onde haberá espazo para os profesionais, para os que están diante e tamén detrás dos focos.
-
Santiago de Compostela contará con la presencia de la multipremiada directora inglesa Sue Clayton, que viene a presentar su documental de investigación 'Niños de Calais: La hora de la justicia'. Se convoca una rueda de prensa a las 11:30 en la Hospedería de San Martín Pinario y se realizarán dos proyecciones con coloquio: A las 17:30 en la Sede de AFundación de la rua del Villar 19 y a las 19:00 otra proyección en la Hospedería de San Martín Pinario.