Notas
-
A poesía regresa o vindeiro luns ao centro Ágora da Coruña. O ciclo Poetas Di(n)versos, a única proposta estable de recitais con continuidade en España, retoma a súa actividade na primavera con tres recitais nos que participarán voces chegadas de Galicia, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia. A directora de Poetas Di(n)versos, a dinamizadora cultural Yolanda Castaño, foi quen deu a coñecer o programa.
-
Tivo lugar a entrega dos III Premios de Investigación Audiovisual María Luz Morales. Durante o acto, que tivo lugar dentro da programación da ICC Week de Ourense, participaron representantes das catro Deputacións galegas, así como os premiados e membros do xurado. A Academia Galega do Audiovisual busca con estes premios dotar dun marco teórico e investigador ao ámbito audiovisual galego.
-
A Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas 2019, que se celebra este luns, 1 de abril, ao polifacético artista Luis Seoane. “Por iso, desde o Museo Provincial de Lugo, ao tempo que nos sumamos ao recoñecemento ao ilustre personaxe, aproveitamos para convidar aos nosos visitantes a coñecer as obras de Seoane que o Museo Provincial expón nas súas salas ou conserva nos seus almacéns”, avanzou a Deputada de Cultura.
-
Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 'Recreando personaxes' amosa pegada que as actrices e actores galegos deixaron no noso imaxinario poñéndose na pel de relevantes figuras históricas e literarias.
-
O espazo humano da lusofonía implica unha comunidade humana que supera os 250 millóns de habitantes, dinámica no económico e cultural, plural e diversa, unida desde a lingua portuguesa e as súas variantes, a historia e as particularidades propias de cada quen. O contexto do século XXI e as dinámicas da globalización na sociedade internacional, están no xermolo destes procesos de organización global.
-
A 24ª edición do Ourense Film Festival celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. En canto á convocatoria da sección oficial de longametraxes, as bases recollen que poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras...) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten á competición.
-
"Meeting Ourense" analiza a xestión e comunicación pública nun encontro que reúne a políticos, xornalistas, consultores, académicos, funcionarios, estudantes e profesionais do sector, para compartir experiencias e debater sobre as novas tendencias de goberno mundiais. A presentación das xornadas tivo lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel", nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, o director do Instituto IMC e o profesor de George Washington University Armando Briquet.
-
Baixo o tíutlo 'Finn Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura' o director executivo da organización CleanApps.org, David Finn contou a o historia de internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e o fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas.
-
A nova edición do programa No Bico un Cantar estará centrada na tradición musical da Raia, e se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Baixo o título de 'Nenas e nenos cantan na Raia', o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño. Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais de Galicia.
-
A Cidade da Cultura de Galicia prepara unha ampla e variada programación para arroupar e dinamizar ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’, a exposición máis completa sobre os 143 anos da historia deste deporte na nosa comunidade e que se pode ver ata o setembro no Gaiás. Entre o abano de actividades atópase un encontro de escolares con futbolistas da elite ou a retransmisión de partidos históricos.