Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Thais Pousada, profesora da área funcional de Terapia Ocupacional e investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participa no proxecto “Design2Freedom: promoting Person-Centered Design for people with disability in higher education” (Promoción do deseño centrado na persoa con discapacidade na educación superior).
  • O campus de Ourense acolleu a 'Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia', organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social. Nela, alumnado universitario e profesionais afondaron nos retos da convivencia familiar desde a óptica da educación social, dedicando especial atención a temas como o impacto da conciliación.
  • Un equipo da Universidade da Coruña formado polas profesoras Teresa Piñeiro Otero e Ana González Neira, da Facultade de Ciencias da Comunicación; Laura Castro Souto, Beatriz Pérez Sánchez, Laura Morán Fernández e Verónica Bolón Canedo, da Facultade de Informática; o docente no Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Comunitaria, Adrián Gonçalves Barbosa; e as investigadoras Lucía Álvarez Crespo e María Eugenia Ambort; lidera o proxecto de investigación AGITATE.
  • Da man do Post-Growth Innovation Lab da UVigo, Pontevedra será a sede de ESEE-Degrowth 2024, un congreso no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a décima Conferencia Internacional de Decrecemento. 'Son eventos irmáns, que reúnen a elite da investigación sobre economía ecolóxica', salientou o director deste grupo.
  • A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación de Lugopoética 2024, un ciclo de encontros arredor da poesía para impulsar novos talentos da man de autores consagrados. Está organizado polo colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do centro asociado da UNED na cidade.
  • 'Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra' é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns en Vigo nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor, entre eles, o catedrático da UVigo José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e a catedrática da Universidade da Sorbonne, María Zerari, os coordinadores do volume.
  • O próximo xoves, 22 de febreiro, ás 20,00 h., no salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo, van ser presentados dous libros relacionados co Camiño de Santiago en Canarias, obra do lucense afincado nas Illas José Manuel Espiño Meilán. Os libros, publicados polo Goberno autonómico de Canarias (Consellería de Turismo, Industria e Comercio), son “AIRAM Y EL APÓSTOL” e “UN CAMINO DE LEYENDA”.
  • Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia editado en colaboración coa UVigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre.
  • O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) organiza xunto coa Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R) e atlanTTic, da Universidade de Vigo, a primeira edición de TalentoCibeR. O evento ten por obxectivo dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar novas vocacións entre mozos e mozas, situando no mesmo espazo empresas e talento.
  • A Real Academia Galega de Ciencias elixiu ao matemático José Rodríguez González como “Científico Galego do Ano”, coincidindo co bicentenario do seu falecemento. A institución pon de relevo que “foi un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia”. A Academia destaca “a súa loita desinteresada pola ciencia”. Aínda que o acto central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro no marco do “Día da Ciencia en Galicia”, durante todo o ano programaranse diversas actividades.