Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • 'Antía Cal, unha mestra innovadora'. Este é o título da exposición que se inaugura o venres no edificio Redeiras e coa que a UVigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal, falecida en Moaña en marzo de 2022. Comisariada pola docente e investigadora Silvia García, a exposición quere contribuír ao recoñecemento do traballo e á memoria do percorrido vital e pedagóxico de quen achegou unha nova forma de ensinar.
  • O 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá a sétima edición da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM e atraer vocacións científicas a el.
  • Estudantado da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC realizou o seguimento en directo e verificou as declaracións dos representantes políticos que participaron no debate electoral previo ás eleccións autonómicas galegas que tivo lugar este luns 5 e que se emitiu a través da Televisión de Galicia. 34 estudantes e 5 docentes do grao en Xornalismo e dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual seguiron en directo o debate.
  • A construción do edificio que albergará o plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) na Cidade das TIC xa está en marcha. O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; e o exreitor da UDC, Julio Abalde, mantiveron unha reunión esta mañá na sede da Deputación da Coruña cos representantes do Clúster Audiovisual Galego e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para coordinar o avance do proxecto.
  • A análise dos novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica, constitúe o eixo central da International Performance Art Conference Fugas e Interferencias, o único congreso académico dedicado a esta disciplina que se desenvolve en España. Organizado pola UVigo coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), este congreso desenvolverá entre o 31 de outubro e o 2 de novembro a súa novena edición.
  • As librarías galegas dan a benvidas as actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezan o martes 6 de febreiro. Dende este día e ata o 3 de marzo todos aqueles lectores que se acheguen a calquera das librarías asociadas e opten por facerse cunha nova lectura en galego recibirán, de regalo, unha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Un agasallo coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.
  • Enrique Labarta Pose (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925) foi un “escritor e xornalista” de “moitísimas facetas”, segundo lembrou o catedrático da USC Jorge Mira na apertura da exposición en homenaxe a este autor, que tivo lugar no Colexio de Fonseca e da que el é comisario. Labarta escribiu narrativa, poesía e teatro nunha época, finais do século XIX, na que non era habitual que un literato cultivase os tres xéneros, e se fixo un nome no eido da prensa satírica española, sendo considerado a principal figura desta na época da Restauración e chegando a fundar cinco cabeceiras.
  • O reitor da UDC, Ricardo Cao, presidiu na Domus da Coruña o acto de presentación do programa Talentos Inclusivos, promovido polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) Coruña. Esta iniciativa, que pretende facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional, esténdese aos centros de secundaria, BAC e FP de toda Galicia.
  • Máis empresas, incluíndo, por primeira vez, firmas do sector sanitario. Así será a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, a cita que cada ano reúne no campus de Vigo ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Será do 5 ao 7 de marzo nas tres escolas de enxeñaría: Industrial, Minas e da Enerxía e Telecomunicación. A principal novidade desta edición é o aumento da capacidade, impulsado polo entusiasmo das empresas en participar neste evento.
  • O proxecto A Mão, de Alexander David, foi o gañador do Premio Ventura de 10.000 euros. Os cineastas Athina Rachel Tsangari, Valérie Massadian, Óscar Vincentelli e Eloy Enciso fixéronse cos premios de distribución e servizos ofrecidos polos socios e colaboradores de VENTURA, a nova plataforma de formación, desenvolvemento e coprodución con sede en Tui.