Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O escultor lugués Álvaro de la Vega inaugurou no Colexio de Fonseca a exposición 'Xéneros e números', na que propón agrupamentos abigarrados de mulleres e homes tallados en madeira que nos observan, que se fan observar ou que se desprazan emerxentes e decididos, sen mirar atrás. 'Trato de pór o foco sobre a atmosfera que crea a disposición dos agrupamentos de individuos fronte á figura illada dun neno espido á vez que sobre as sombras que se proxectan en cada un dos corpos'.
  • Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario (cinco compañías presentarán no auditorio Gustavo Freire outras tantas producións), e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que se completarán con obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.
  • A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca o vindeiro xoves 4 de abril desmontando mitos sobre o uso das tecnoloxías nas aulas e por parte dos máis novos. O investigador e director da International Science Teaching Foundation, Héctor Ruiz Martín, será o responsable de afondar nestas cuestións na conferencia Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.
  • A prestixiosa revista Agriculture, Ecosystems & Environment acaba de publicar un artigo científico sobre o traballo realizado por investigadoras da UDC sobre o impacto da avespa asiática nos viñedos de Betanzos. O traballo, realizado pola investigadora Yaiza Rodríguez Lueje baixo a dirección das doutoras María Amalia Jácome e María José Servia, abordou por vez primeira a cuantificación real dos danos causados por esta especie invasora en viñedos, así como ensaios de viabilidade do uso de mallas para protexer as uvas.
  • Malia que 'é moi suxestivo' o título da mostra, 'As mulleres e o mar', en realidade busca poñer en valor o relevante papel das mulleres 'no proceso máis duro de industrialización do mar', explicaba na inauguración da exposición a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández. A exposición inclúe varios paneis con forma de latas de conservas e un vídeo que recolle fragmentos da actividade na fábrica de Massó Hermanos a principios do século XX.
  • A mostra está composta por nove paneis que recollen as obras de mulleres clave dos últimos dous séculos: Mary Shelley -con Frankestein ou o moderno Prometeo-, Harriet Beechet Stowe -con A cabana do Tío Tom-, Bertha Von Suttner -con Abaixo as armas-, Betty Friedan -con A mística da feminidade-, Clara Campoamor –con O voto feminino e eu-, Harper Lee -con Matar a un reiseñor-, Rachel Carson -con Primavera silenciosa- e Hanna Arendt -con Eichmann en Xerusalén-.
  • Ao redor de cen persoas participaron este mércores no terceiro taller de “HumanIA” da Universidade da Coruña, ciclo formativo organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades e Documentación, en colaboración co CITIC da UDC. A experta en tecnomarketing, innovación e branding, Ruth Falquina, impartiu o taller que levou por título “Intelixencia artificial e Creatividade: como potenciar o teu talento”, no que compartiu cos asistentes a súa experiencia á fronte dunha axencia especializada en creatividade aumentada, Estado Latente.
  • A decimosexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) desenvólvese ata o 15 de marzo en Compostela. O persoal investigador responsable da súa organización coincide en salientar a importancia deste feito, xa que coa súa chegada á cidade 'prodúcese unha volta á orixe', xa que a Galicia é 'o lugar de nacemento da lingua portuguesa', explican.
  • O Grupo de Innovación Docente ACHEGA (Aprendizaxes Colaborativas, Híbridas e Experimentais en Galicia) da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, está a desenvolver un proxecto de Aprendizaxe-Servizo de intervención socio-ambiental co alumnado da Facultade e en alianza co colectivo Terra Creativa, formado polas asociacións Boca de Sapo, Azul mais Verde e Universidade Cromática das Virtudes, co apoio e acompañamento da Fundación Daniel & Nina Carasso e o Concello de Corcubión.
  • O congreso El Ojo de Polisemo é un encontro de carácter bienal e itinerante que naceu en 2009 para salvar a fenda que adoita existir entre o mundo universitario e o mundo da tradución profesional. Por primeira vez na súa historia, este ano o simposio recala no noroeste de península, e faino precisamente en Vigo.