Notas
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta nesta recta final da súa programación a primeira parte dun ciclo dedicado aos estudios Ealing, ademais do musical de George Cukor: My Fair Lady. Celébrase, tamén, o último sábado de Off Galicia que o CGAI destina ás obras de realizadores galegos.
-
A Master Class do Audiovisual Galego desenvólvese ata o 5 de abril na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Ao longo de sete sesións amosaranse producións galegas de distintos formatos coa asistencia dos seus creadores ou protagonistas no Foro Augal.
-
Agadic e a Oficina MEDIA España organizaron unha nova xornada informativa, na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de Jacobo Sutil, Peter Andermatt e Fernando Prieto. A sesión centrouse nas bases da convocatoria específica para o desenvolvemento de videoxogos e o valor do micromecenado.
-
A adaptación audiovisual de obras literarias galegas é o principal obxectivo do programa Firma e filme que promove Agadic e para o que manterá máis de 50 xuntanzas con representantes de 27 empresas dos sectores audiovisual e editorial durante o Culturgal de Pontevedra o 6 de decembro.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia presentou en Santiago a súa nova web, xornalistas.gal, o proxecto Xornalismo na Escola e un novo servizo de espazo de traballo para os colexiados e colexiadas.
-
Para a deputada, Ana Pontón a CRTVG non aposta polo cinema galego, abusa de reposicións antigas e non ofrece unha programación actualizada para o sector infantil e xuvenil. O BNG denuncia que no sector da dobraxe destruíuse emprego afectando a máis de 200 familias a pesar de existir un sector estruturado entorno a CRTVG.
-
Cineuropa presenta oito estreas no tramo final da edición 2015 do festival: rois souvenirs de moi jeunesse, Demon, Cosmos, Oliver Hirschbiegel, Jonas Govaerts dá con Cub, Peace to us in our dreams e A próxima vez apuntarei ao corazón. Preséntanse tamén dous proxectos galegos: as curtas Arredor de Nimbos e Toñito Blanco, só, perdido e vicioso.
-
O galardón entrégase ao cineasta mexicano Ripstein o xoves 19 de novembro no Teatro Principal, logo do que se proxecta a película Profundo Carmesí, película dirixida por Ripstein en 1996. Á parte do premiado, contarase coa presenza de Marisa Paredes, unha das actrices do filme. Ripstein foi recibido na Casa do Concello polo alcalde de Compostela.
-
A programación desta nova sección fixa dedicada ao cineasta galego terá continuidade noutros puntos da provincia de Ourense con actividades nos concellos de Celanova, Cartelle e O Carballiño. Tamén se creará unha fundación que levará o seu nome e que permitirá divulgar e poñer en valor o seu legado.
-
Qué debemos coñecer da cultura? é o título da xornada profesional promovida pola USC no Campus de Lugo co fin de divulgar a importancia que ten o saber humanístico para a industria cultural, as ciencias humanas como alternativa para enfrontar a realidade. As TIC, o audiovisual, o turismo ou o patrimonio cultural, a debate.