Notas
-
A Cidade da Cultura convértese na institución cultural galega con maior número de seguidores en redes sociais. O Centro Internacional de Artes Gráficas de Liubliana convida ao Gaiás a The power of new media: Daily Challenges for Cultural Institutions pola súa estratexia dixital e analizar con outros profesionais europeos a relación dos museos e novos medios.
-
O célebre cociñeiro será o encargado de preparar un menú músico-gastronómico nesta segunda sesión de Enocións by Ribeiro: o Camiño das emocións, ciclo que conxuga arte e cultura do viño na Cidade da Cultura. As entradas están a venda en online en www.ataquilla.com e fisicamente na tenda A Reixa en Santiago e na sede da D.O. do Ribeiro en Ribadavia.
-
A sexta edición da Mostra de Cinema Periférico recibe ao director paulista, fundador do movemento Dogma 2002 e máximo representante do Súper 8 no seu país, dentro do ciclo Paraíso do concreto. O debate tamén reúne do 3 ao 7 de xuño en A Coruña aos profesionais galegos con algúns dos programadores dos certames internacionais de cine máis relevantes en Europa e no mundo.
-
Este encontro na Illa de San Simón regresa os días 29 e 30 de maio cun equipo formado por algúns dos principais influencers no ámbito artístico, xornalístico e profesional. O uso que se lles dá ás redes sociais, os modos de escribir en internet, os límites do humor na rede ou a propaganda virtual, a debate.
-
A innovadora plataforma web galega propón un novo xeito de xestionar eventos culturais baixo demanda dos usuarios. Preséntase no Salón Teatro da capital de Galicia cun concerto de Jacobo Paz & Dos Mundos que interpretan un adianto do seu segundo traballo discográfico xunto a coñecidos temas anteriores da banda.
-
Replica a Feijóo cando alerta sobre converter Mondoñedo, -gobernado polo Bloque-, “nunha Venezuela” que non ten autoridade para dar leccións de democracia quen ampara o carrexo de votos en Riotorto. Acto de campaña en Lugo de apoio ao candidato Rubén Arroxo en demanda de vivenda protexida para xente moza.
-
A filmoteca galega programa unha selección de títulos desta creadora francesa, Claire Simon, homenaxeada na última edición do Festival Play-Doc de Tui. Abre este ciclo especial na filmoteca galega (CGAI) a película Les patients, que recolle o seguemento da cineasta a un médico de familia a piques de xubilarse na súa consulta dunha pequena cidade de provincias.
-
As películas galegas As altas presións, de Matriuska Producións, A Esmorga, de Via Láctea, Maimiño, de Ficción Producciones e A cambio de nada, coproducida por ZircoZine, inician o 8 de maio a súa distribución nos cines españois, o que suporá a coincidencia nas carteleiras comerciais de catro títulos con produción galega de moi diversos xéneros.
-
A emisión dos debates relegase á TVG2 cunha audiencia residual de 6.000 espectador@s fronte aos 100.000 da primeira canle da televisión pública.
-
José Luis Rebordinos, que foi presentado polo director da Agadic, ofreceu unha charla-coloquio sobre as claves e oportunidades que brinda o certame donostiarra e mantivo reunións individuais. O encontro desenvolveuse na sede do CGAI como parte do programa formativo Galicia ProFilme.